HomeCulturaO 17º Ribeira Sacra Festival amplíase a dúas fins de semana

O 17º Ribeira Sacra Festival amplíase a dúas fins de semana

Despois do éxito da primeira edición, este orixinal festival desembarca de novo na Ribeira Sacra con máis concellos implicados, máis escenarios e máis artistas.

Publicado o

- Advertisement -

Ese evento non é un festival do estilo que todos coñecemos, é algo máis, algo diferente que pretende integrar natureza, patrimonio, viticultura, gastronomía e música. A música será o elemento vertebrador e a través del aproveitarase para amosar ao espectador os elementos que caracterizan esta fermosa paraxe.

Miradoiro de Santiorxo en Sober. Fonte: I-Radia Crea

Aqueles que decidan vivir a experiencia terán concertos en plena natureza, catas, directos en bodegas, visitas guiadas, sendeirismo, foodtrucks, cociña de autor, artesanía… E todo o anterior en escenarios dispares e únicos como o Miradoiro de Santiorxo en Sober, os catamaráns dos canóns do Sil, os Paradores de Monforte e Santo Estevo, o Castelo de Castro Caldelas, a Praza de Chantada ou reitorais e adegas da zona.

A edición deste ano amplíase a dúas fins de semana e tenta conxuntar dous conceptos diferentes nun mesmo evento. A fin de semana do 27, 28 e 29 de xullo centrarase nas experiencias musicais para sentir o territorio, baixo o concepto de 17º Paisaxe, e o 4 e 5 de agosto reservarase para os directos exclusivos en espazos patrimoniais, neste caso baixo o título de 17º Patrimonio.

Os día 27 comezará oficialmente este festival,  e esa fin de semana ata o 29 de xullo caracterizarase, entre outras cousas, polas actividades vinícolas programadas para realizar en importantes adegas da zona como Regina Viarum, Algueira e Vía Romana. Os asistentes gozarán de catas concerto, catas a cegas, menús harmonizados e ata un concurso de creación de cócteles con vermú. Nestes primeiros días pasarán pola Ribeira Sacra artistas da talla de Morgan, Elvis Perkins, Ten Fé, Coque Malla, Woods ou De Vacas.

Este evento é unha iniciativa de I-Radia Crea que conta co patrocinio estratéxico da Deputación de Lugo, coa colaboración dos concellos de Monforte de Lemos, Chantada, Sober, Castro Caldelas, Nogueira de Ramuín e a Teixeira e institucións como Agadic, Consorcio Turístico Ribeira Sacra, Galicia Calidade e Xunta de Galicia.  O festival estará tamén apoiado por colaboradores privados e patrocinios de empresas, a maioría galegas e algunhas delas situadas na zona.

A empresa promotora do festival abriu unha convocatoria para aqueles que queiran formar parte do equipo de traballo da organización e ofrecen o seguinte enderezo electrónico para os interesad@s:  info@festivalribeirasacra.com

 

ÚLTIMAS

Este Nadal volve ‘o Tren do CCU’ para ver a Papá Noel en Monforte

Volven as visitas a Papá Noel no Tren do Centro Comercial Urbano de Monforte...

Comeza a andar un novo Obradoiro de Emprego de Xardinaría en Bóveda, O Incio e A Pobra do Brollón

Este Obradoito Dual de Empreo está promovido polos concellos e financiado pola Consellería de...

“O perpetuo movemento da creación” no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Cristina Vázquez, nacida en Barcelona en 1973, estudou arte, deseño de moda e patronaxe....

Sober convoca 4 certames de Nadal

O Concello de Sober vén de anunciar catro concursos para fomentar a participación da...