HomeCulturaLoli Rodríguez presenta en Torbeo a súa última novela, Nailía

Loli Rodríguez presenta en Torbeo a súa última novela, Nailía

Este sábado, 15 de agosto, no marco das festas de verán, Torbeo tivo unha cita especial coa literatura. A escritora Loli Rodríguez Rodríguez regresou á súa aldea natal para presentar ante a veciñanza a súa última novela, Nailía,

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nailía vén de ser distinguida co II Premio Trevo de Narrativa en Galego 2026 o pasado mes de xullo. O xurado destacou a riqueza da linguaxe empregada pola autora, a autenticidade da súa voz narrativa e a capacidade para construír un universo literario profundamente enraizado e de gran credibilidade. Este novo galardón súmase ao Premio Torrente Ballester de Narrativa en Galego 2024, reforzando o percorrido dunha obra que está a obter un importante recoñecemento.

Pero este sábado o protagonismo estivo en Torbeo. Presentar Nailía no lugar onde naceu a súa autora converteu o encontro nun acto especialmente próximo, no que literatura, raíces e pertenza á terra estiveron moi presentes.

Na mesa, durante a presentación, acompañaron a autora: Antonio Paz, en representación da Asociación de Veciños e Veciñas de Torbeo, Luis Fernández, concelleiro de Educación e Cultura do Concello de Ribas de Sil e Rocío Rodríguez, da Librería Pelayo de Monforte de Lemos e editora de Peruchela Edicións.

Decenas de veciños e veciñas de Torbeo e persoas visitantes tiveron a oportunidade de falar coa escritora e pedir que lle asinanse o seu libro. Desde o Concello de Ribas de Sil felicitan á autora “É un orgullo que unha autora nacida no noso concello continúe levando consigo o nome e as raíces de Torbeo e de Ribas de Sil a través da literatura.”

Loli Rodríguez presentación Torbeo / Concello de Ribas de Sil

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte concede preto de 78.000 euros a entidades deportivas, culturais, sociais, lúdicas e formativas

O Concello de Monforte vén de informar da concesión de axudas dirixidas a diversas...

Respira, II Xornadas de Benestar do 8 ao 10 de outubro no Ateneo Casino de Monforte

O Ateneo Casino acollerá do 8 ao 10 de outubro un encontro que convida...

6 compañías do sur da provincia no Circuíto de Teatro Afeccionado que ten en marcha a Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación ten en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro...

Cortes de tráfico este 6 de outubro na Avda de Galicia de Monforte por obras de asfaltado

Esta actuación forma parte da mellora da Avenida de Galicia e a rúa Chantada...