HomeDeportesCase 400 inscritos para correr entre carballos centenarios

Case 400 inscritos para correr entre carballos centenarios

O Concello de Carballedo organiza este sábado, 4 de maio, a V Carreira Popular, cada ano máis coñecida e concorrida grazas ao entorno natural por onde transcorre.

Publicado o

- Advertisement -

Trátase dun evento deportivo e familiar no que a partir das 16:00 h. terá lugar a saída das carreiras infantís e xuvenís, ás 17:00 h. a Carreira Absoluta, en modalidade trail para máis profesionais, e ás 17:10 h. a Andaina Popular aberta a un perfil máis familiar e cunha esixencia menor. En calquera caso, a distancia para estas dúas opción é a mesma, 10,700 metros.

O percorrido desta proba deportiva é espectacular pois transcorre por paraxes de beleza natural excepcional, carballeiras con exemplares centenarios, arroios, fontes, camiños de carro, sendeiros…

Polo feito de participar entregarase unha camiseta a todas/os participantes e haberá diferentes sorteos e agasallos, un deles será unha viaxe en globo aerostático pola Ribeira Sacra. Ao remate da andaina haberá uns pinchos con produtos da zona e xogos infantís para os pequenos/as a cargo de Velaísca de Chantada.

Falamos con María José Vázquez Pérez, concelleira no Concello de Carballedo e organizadora dende a primeira edición desta senlleira Carreira Popular Carballedo “entre carballos centenarios”.

Como xurdiu a idea de facer esta carreira na súa primeira edición?

Este concello sempre se preocupou do fomento da actividade deportiva e este evento en concreto xurdiu como un proxecto, unha ilusión, hai xa 5 anos, aproveitando tamén que se estaban a poñer moi “de moda” as carreiras populares. Pensamos, e por que non en Carballedo?. Esta é unha forma de dar a coñecer o noso concello aos corredores e as súas familias que se achegan dende distintos lugares de Galicia e incluso de fóra para poder gozar da fermosa paisaxe do percorrido da carreira.

Que diferenza a esta carreira doutras? 

Como vos dicía, xa que contamos cun entorno natural moi fermoso temos que dar a coñecelo dalgún xeito. A carreira popular de Carballedo é como un trail onde os corredores pisan pouco asfalto, pero a beleza natural por onde descorre é espectacular,  camiños, carreiros, regatos, etc.

Corredoira, camiño por onde transcorre o percorrido. Foto: Concello Carballedo

Este ano con fin solidario. Por que?

Nas catro primeiras edicións a inscrición foi gratuíta, e tendo en conta a boa acollida que tivemos, este ano pensamos que a inscrición simbólica de 2 euros podería destinarse a unha asociación. Finalmente así foi, a recadación é integra para AFACHANTADA (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Chantada). Nós somos meros publicitarios e neste caso consideramos que colaboramos cunha boa causa.

Cantos inscritos tedes para este ano? Cal foi o récord de participantes?

Hai 303 inscritos pero aínda segue chamando moita xente que desexa participar, co cal, é probable que superemos os 400. Cremos que este ano vai ser o de maior participación, superando as cifras de 375 dalgunha edición anterior.

Como é a organización dunha competición así nun concello pequeno como Carballedo?

A verdade é que organizar un evento destas características require un importante esforzo, tanto económico como humano, para un concello pequeno como é o noso. Por sorte, no Concello de Carballedo contamos con empregados/as moi traballadores, eficientes e resolutivos, que se encargan de manter o recorrido en boas condicións, guiar os corredores para que desfruten da carreira e non teñan que preocuparse de que vaian polo lugar correcto, proporcionarlles o avituallamento, realizar actividades lúdicas cos mais cativos durante a tarde, xestións administrativas, a merenda ao remate, etc.

ÚLTIMAS

O Xeoparque organiza unha visita comentada na contorna do túnel de Montefurado

Este próximo sábado 14 de decembro o Xeoparque Montañas do Courel organiza unha xornada...

A Deputación investirá 1,2M€ na modernización do padrón municipal dos 67 concellos da provincia

Para esta iniciativa a institución provincial conta con 1,2M€ que conseguiu do Plan de...

Ampla e variada programación infantil para este Nadal en Chantada

No Pavillón Municipal de Chantada desenvolveranse do 23 de decembro ao 3 de xaneiro,...

42.000€ para un vehículo pick-up destinado a traballos medioambientais no Incio

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou este luns na entrega do novo...