InicioEconomíaAxudas á contratación de persoal de turismo en municipios turísticos

Axudas á contratación de persoal de turismo en municipios turísticos

A Xunta de Galicia inviste 57.000 euros no financiamento dos gastos de contratación de persoal nas oficinas de turismo de dez concellos lucenses declarados municipios turísticos e do xeodestino da Ribeira Sacra.

Publicado o

- Advertisement -

Este programa da Xunta concede a axuda a todos os xeodestinos e aos concellos que contan coa declaración de municipios turísticos sempre que o soliciten en tempo e forma. Cada un recibe arredor de 5.000 euros para financiar os custos salariais dun técnico no período comprendido entre o 15 de xuño e o 15 de setembro.

Na provincia, os concellos beneficiarios son os de Mondoñedo, Foz, Sober, Sarria, Quiroga, Ribadeo, Viveiro, Samos, Chantada e Palas de Rei, e tamén o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra que xestiona este xeodestino.

Como medida de fomento do emprego, o persoal que se contrate deberá figurar como desempregado, ou demandante dunha mellora de emprego, no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Igualmente, deberá ser persoal cualificado, en posesión dalgún dos seguintes títulos ou habilitacións: técnico superior en Información e Comercialización Turística ou técnico superior en Guía, Información e Asistencia Turística; técnico en Empresas e Actividades Turísticas, grao ou diplomado/a en Turismo ou equivalente homologado ou ben contar coa habilitación de guía de turismo, ou certificado de profesionalidade de Promoción Turística Local e Información ao Visitante.

ÚLTIMAS

“Foto Nuevo. Unha ollada cara ao pasado”, inaugúrase este venres ás 19:00h na casa da cultura de Monforte

Este venres, 23 de febreiro, ás 7 da tarde, José Tomé Roca, inaugura na...

Pablo Álvarez, con raíces en Sober, está na Antártida co Exército de Terra

Pablo Álvarez, que actualmente reside en Zaragoza por motivos laborais, estivo toda a súa...

O alcalde de Monforte recibe ó novo inspector xefe da Policía Nacional

O encontro foi unha primeira toma de contacto e serviu para facer un repaso...

Raquel Arias destaca as inversións da Xunta no patrimonio histórico da Ribeira Sacra

A deputada popular, Raquel Arias, indica que, nos últimos anos, a Xunta destinou 5,2...