InicioEconomíaSober non falla á cita de Xantar

Sober non falla á cita de Xantar

O concello aproveitará este importante escaparate para presentarse como destino enogastronómico e paisaxístico e promover a Feira do Viño de Amandi.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sober, de Interese Turístico Galego e un dos que ten o privilexio de estar en plena Ribeira Sacra, estará presente un ano máis en Xantar, salón temático moi interesante para darse a coñecer como destino turístico.

Contará cun espazo propio desde onde poderá promocionar os seus numerosos atractivos entre os que destacan as súas paisaxes, os viños de Amandi dentro da D.O. Ribeira Sacra, a olería de Gundivós, o románico rural e tamén, como non, a súa oferta de aloxamentos rurais e de hostalería e restauración.

Luis Guitián con Mª Nava Castro e Alejandro Rubín, entre outras persoas, en Expourense (2018). Fonte: Prensa Sober

Así mesmo, aproveitará a ocasión para anunciar a XXXIX edición da Feira do Viño de Amandi que se celebrará os días 13 e 14 de abril.

O domingo día 10 terá un detalle cos visitantes e, igual que se fixo o ano anterior, ofrecerá degustación de viños de Amandi e de Rosca de Sober.

xantar, salón internacional de turismo gastronómico De ourense

Xantar é a única feira internacional de turismo gastronómico acreditada da península, feito este que a posiciona como un dos foros máis interesantes que hai hoxe en día para vender o binomio turismo e gastronomía a nivel nacional e incluso internacional. Durante cinco días de intensa actividade terán lugar exhibicións, catas temáticas, cociña en directo, conferencias e outras iniciativas de interese para os miles de visitantes que pasarán polas instalacións de Expourense. O evento terá lugar do 6 ao 10 de febreiro.

ÚLTIMAS

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...