Patrimonio e perspectiva de xénero cunha andaina na Ribeira Sacra

O 2 de xuño celebrarase unha andaina polo Canón do Río Mao para definir liñas de acción ao redor do patrimonio dende unha perspectiva de xénero. Aberta ás persoas interesadas, a actividade contará coa participación de mulleres da Rede do Patrimonio Cultural de Galicia que falarán da súa experiencia.

Ruta Río Mao / desnivel.com

A actividade enmárcase na preparación dunhas xornadas de Patrimonio e Muller que se realizaran no outono do 2019 e ten coma obxectivo sensibilizar á sociedade sobre a importancia de conservar o patrimonio. Na ruta participarán profesionais que explicarán seu traballo co Patrimonio material e inmaterial no Canón do Río Mao. A información completa en Historia de Galicia.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here