InicioMedio ambiente e PatrimonioUn Museo Xeolóxico á altura dun Xeoparque Mundial

Un Museo Xeolóxico á altura dun Xeoparque Mundial

A Consellería de Cultura e Turismo realizará unha achega de 80.000 euros para ampliar o Museo Xeolóxico de Quiroga e reforzar así a oferta divulgativa e o turismo científico do Xeoparque Montañas do Courel.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Cultura e Turismo impulsará a ampliación do Museo Xeolóxico Municipal de Quiroga a través dun acordo aprobado onte no Consello e polo que a Xunta de Galicia achegará 80.000 euros.

O principal obxectivo é promover o turismo no Concello de Quiroga e nos de Ribas de Sil e Folgoso do Courel, municipios que conforman o Xeoparque Mundial da Unesco Montañas do Courel.

O museo, inaugurado en 2011, está dedicado á divulgación, estudo e protección dos valores xeolóxicos da Comarca de Quiroga e ademais da súa importante traxectoria para impulsar o patrimonio cultural, ten o valor engadido de ser o único en Galicia dedicado a esta temática. Na actualidade, conta con cinco salas dedicadas cada unha delas á formación do territorio en Galicia, á historia paleontolóxica galega e evolución da vida, á idade dos xeos, ás primeiras ocupacións humanas na zona e á minaría.

Entrada do Museo Xeolóxico de Quiroga. Foto: C. Julio

O centro museístico recibe 7000 visitas ao ano e constitúe un recurso divulgativo de primeiro nivel para dotar de potencialidade e impulsar o Xeoparque Mundial da Unesco Montañas do Courel, declarado como tal recentemente. A súa ampliación, evidentemente, reforzará o Xeoparque e axudará a consolidalo no futuro.

A ampliación do museo enmárcase na Estratexia do Turismo de Galicia 2020 que sinala como un dos seus retos o aproveitamento do potencial dos recursos naturais de Galicia, que permiten construír un destino único e diferencial. Dende a Xunta tamén están a traballar no desenvolvemento das accións incluídas no Plan Estratéxico do Xacobeo 2021, de xeito que a localización do Museo Xeolóxico municipal de Quiroga no Camiño de Inverno é un argumento máis a favor da súa ampliación.

ÚLTIMAS

Ábrese o prazo para inscribirse na “XIV Carreira Popular Concello de Monforte” que se celebrará o 28 de abril

O evento, organizado polo Concello de Monforte a través da Concellería de Deportes, contará...

Sober pon en marcha o proxecto ‘O SAF actívate’

O Concello de Sober pon en marcha o proxecto ‘O SAF actívate’ co que...

Bóveda sementa a igualdade nos equipos locais de fútbol

O Goberno local de Bóveda prosegue coa campaña ‘Sementando igualdade’, que esta vez chegará...

Reestablécese o subministro de auga nas parroquias de Monforte

A avaría, que tivo lugar o pasado día 26 de febreiro, provocou unha falta...