HomePolíticaMonforte aumenta o seu censo en 423 persoas neste 2020

Monforte aumenta o seu censo en 423 persoas neste 2020

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, ven de aportar datos que contradín a información que deu a coñecer a voceira do Partido Popular, Katy Varela, no pasado Pleno da Corporación Municipal, celebrado o 30 de novembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde destaca que “nos vemos na obriga de contradicir os datos aportados ó Pleno pola Sra. Voceira do Partido Popular, Dª Katy Varela, xa que si a 1 de xaneiro de 2020 o censo do padrón habitantes de Monforte era de 18.347 persoas, a día de hoxe, 3 de decembro, comunícannos, dende os servizos municipais do Padrón, un incremento de 423 persoas, ata alcanzar a cifra de 18.770 persoas”.

Deste xeito, o Alcalde quere destacar este importante incremento nun ano no que, “a pesares da profunda crise que estamos a vivir derivada da pandemia da Covid-19, Monforte recupera poboación dunha maneira destacada”. 

E neste senso, precisamente o rexedor municipal destaca “que este incremento no número de habitantes censados en Monforte ó longo deste ano, marcado por esta pandemia, está en gran parte motivado polas diferentes liñas de axudas postas en marcha polo Equipo de Goberno para paliar entre a poboación os efectos desta crisis, axudas ás que se podía optar cumprindo, entre outros requisitos, o de estar empadroado no municipio”. 

Axudas como o Plan Reactiva Monforte, que repartiu axudas entre 1.211 empresas, autónomos e traballadores por valor de 543.000 euros. O Plan de Apoio ás familias e ós sectores económicos de Monforte que supuxo axudar a 4.282 familias, repartindo 10.811 bonos por importe de 270.275 €, que significaron un importante apoio para os sectores económicos de Monforte.

ÚLTIMAS

O PP de Monforte volve reclamar máis seguridade no paso a nivel da Florida

Este paso a nivel volveuse poñer en funcionamento despois das obras na liña ferroviaria...

O condutor dun camión resultou ferido nunha saída de vía na N-120, á altura de Cereixa

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11:35 horas deste martes,...

Próximas citas de emprendemento e emprego na Ribeira Sacra

A Xornada de Talento Feminino no Rural que se celebrará en Castro Caldelas comezará...

A Conselleira de Medio Rural presenta en Matacás a nova convocatoria de axudas para manter a paisaxe na Ribeira Sacra

No miradoiro das Penas de Matacás, en Castro Caldelas, a Conselleira Maria José Gómez...