HomePolíticaO PP de Monforte denuncia a "apariencia bochornosa" do Cabe ao seu...

O PP de Monforte denuncia a “apariencia bochornosa” do Cabe ao seu paso pola cidade

O PP monfortino lamenta a pouca preocupación do equipo de goberno local en relación ao estado do río Cabe, que nos últimos días presenta unha aparencia “bochornosa”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A presidenta do PP de Monforte e voceira municipal, Katy Varela, considera “paradoxal” que “o alcalde presuma de recoller a escoba de prata á cidade máis limpa, pero non repare na situación do saneamento e, polo tanto, do río ao seu paso polo casco urbano”.

Varela defende que “unha  cidade como a nosa -monumental e nun enclave de luxo como é a Ribeira Sacra- debería coidar máis ese tipo de detalles. É unha vergoña que os turistas que nos visiten estes días vexan o río neste estado”.

Ademais, “a falta do saneamento e a situación do río impiden que os cidadáns de Monforte poidan gozar dunha zona de baño adecuada”, expón tamén a popular. Segundo Varela, o goberno de Tomé non atende asuntos importantes como é o saneamento, “A pesar de que o Grupo Municipal Popular o ten levado en numerosas ocasións para o seu debate no pleno, lamentablemente non esperamos que lle dea unha solución”.

ÚLTIMAS

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...