InicioComarca de QuirogaFolgoso do CourelC@urel Vivo pide a nulidade da marca de produtos cárnicos "O Caurel"

C@urel Vivo pide a nulidade da marca de produtos cárnicos “O Caurel”

Piden a nulidade da marca por inducir a erro aos consumidores sobre a procedencia dos seus produtos, que nada ten que ver coa Serra do Courel.

Publicado o

- Advertisement -

O voceio do grupo C@urel Vivo, Óscar Carrete, presentou unha moción no pleno do Concello de Folgoso do Courel pedindo a nulidade da marca de produtos cárnicos “O Caurel”, propiedade de Cecosa Varios S.L. Defenden que esta empresa está a utilizar o nome do Courel a pesares de que o que comercializan non ten nada que ver con esta área nin co que nela se produce.

Deste xeito, denuncian que Cecosa Varios S.L. está a incumprir os Artigos 6.3, 6.4 e 7 do Regulamento de Etiquetado, Presentación e Publicidade dos Produtos Industriais destinados á venda directa aos consumidores e usuarios; así como a Lei de Marcas (Lei 17/2001), que establece que non poderán ser rexistradas aquelas que poidan inducir ao público a erro sobre a súa natureza, calidade ou, neste caso, procedencia.

C@urel Vivo considera que a marca O Caurel está “reclamando a atención do cliente de que a materia prima ou envasado proben desta serra”. A próxima renovación do rexistro do nome desta empresa producirase o próximo 20 de xullo, polo que solicitan que Cecosa Varios S.L. aclare nos seus envases a procedencia dos seus produtos, “deixando claro que non ten nada que ver con esta serra”.

Envase da marca “O Caurel” / C@urel Vivo

ÚLTIMAS

Concerto da soprano, Aida Gimeno, o 9 de decembro en Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais organizan esta proposta que achega ao...

Pintores de Carballedo, nacer en Carballedo ten o seu aquel artístico

Xosé Randolfe Vilariño é un dos ilustres de Carballedo, nado no lugar de Quintá...

Unanimidade no Parlamento para demandar ao Goberno de España a execución das variantes ferroviarias dos Peares e Rubián

O autor da iniciativa, José Manuel Balseiro, lembrou que son “infraestruturas proxectadas no seu...

A segunda etapa do Gran Camiño pasará por Taboada e Chantada o 23 de febreiro

A volta ciclista profesional “O Gran Camiño”, que por terceiro ano traerá a Galicia...