HomesociedadeO divertimento está asegurado en Quiroga

O divertimento está asegurado en Quiroga

Interesantes propostas, que pasan polo teatro e o lecer infantil, para o entretemento dos quirogueses e das quiroguesas.

Publicado o

- Advertisement -

O  Concello de Quiroga ofrece este sábado, día 30  de novembro, ás 19:00 h. unha representación teatral no Auditorio Municipal a cargo do Grupo de Teatro da Biblioteca de Antas de Ulla que trae a escena “Acto único. Un cabaret do máis normal”. A autora é Paula Carballeira Cabana que tamén é a directora do grupo. Esta actividade forma parte do programa “Buxiganga” que desenvolve a Deputación Provincial de Lugo.

E de cara á vindeira semana, na que se ve xa no horizonte a ponte da Constitución, a novidade será unha pista de patinaxe en xeo. Dende o xoves día 5 de decembro e ata o día 9, o pavillón municipal acollerá esta nova oferta de lecer gratuíta.

O primeiro día, o xoves pola mañá ás instalacións estarán reservadas para os alumnos e alumnas do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Quiroga e o luns día 9, tamén pola mañá, as pistas serán para o alumnado do Instituto de Educación Secundaria. O resto do tempo, en horario de once da mañá a unha e media e pola tarde de catro a oito, estarán abertas para todas as persoas que queiran participar. 

Ademais da proposta anterior haberá tamén unha pista de inchables con obstáculos.

ÚLTIMAS

‘Bolsas Pintor de Castinandi’ para participar nun taller fotográfico en Sober

O Concello de Sober convocou tres Bolsas Culturais Internacionais ‘Pintor de Castinandi’ para este...

O centro de día de Quiroga celebra as Letras Galegas elaborando un libro sobre Begoña Caamaño

O traballo fai un repaso pola súa obra literaria, o seu traballo xornalístico e...

O Concello de Chantada anuncia a urbanización de 2.500m2 na vila coa apertura de novos viais e a creación de zonas verdes

Na rúa Concepción Arenal, o concello adquiriu a finais do ano pasado dúas parcelas...

Poxa de novelas de rubia galega en Seoane do Courel

A poxa estivo organizada pola Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de...