O proxecto de ampliación levarase a cabo durante o ano en curso e a súa execución posibilitará que a superficie para o baño e a zona de toallas sexa maior
O Concello de O Saviñao ampliará a zona da piscina municipal. Será grazas ao terreo que vén de adquirir por valor de 10.000 euros, situado no Paseo da Devesa e que é contiguo ás propias piscinas.
Trátase dun solar de 346 metros cadrados que permitirá aumentar a superficie para o baño e a zona de toallas. Segundo anuncia o alcalde da localidade, Carlos Armesto, esta iniciativa “dará un valor engadido á actividade durante a época de verán e suporá unha nova alternativa para veraneantes e os propios veciños”.