Sarria ensalza ao porco celta

'X Cocido do porco celta da Comarca de Sarria'. Fonte: Pilar L.

O 8 de febreiro Sarria acolle a XII Festa do Cocido do Porco Celta da comarca de Sarria e a 4ª edición de FIPORCO. 

Neste evento gastronómico de exaltación da carne de porco celta, raza autóctona recuperada; os asistentes poderán degustar un cocido de porco celta previa reserva de mesa nos teléfonos 982 532 211 e 982 530 005. O xantar comezará ás 14.30. no campo da feira.

Ademáis celébrase a cuarta edición da Feira Internacional de Porco e os seus Produtos Gastronómicos con exposición e venda. O horario será de 11:00h a 18:00h.

Ás 14:00h terá lugar o pregón, a cargo de o Presidente do Tribunal Constitucional, Juan José González Rivas.

Ademais deste xantar, contarase con Menús e Racións de produtos gastronómicos derivados do Porco nos restaurantes da vila.

Festa porco celta

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here