Clases de envellecemento activo en Bóveda

O Concello de Bóveda inicia o vindeiro mércores 12 de febreiro as clases de envellecemento activo, que teñen un carácter gratuíto. Ofértase tamén ximnasia de mantemento e clases de memoria, tanto na capitalidade como nas parroquias, así como a posibilidade de formar parte do coro.

Os xoves e venres haberá ximnasia de mantemento para maiores. O xoves de 17:00 a 18:00 horas as clases serán en Teilán e de 18:00 a 19:00 en Guntín. E o venres de 17:00 a 18:00 en Tuimil.

As clases de memoria serán os mércores, xoves e venres. Son actividades de estimulación cognitiva para maiores. As clases están coordinadas por persoal de AFAMÓN e teñen por obxectivo previr o deterioro cognitivo das persoas maiores a través de actividades de cálculo, escritura ou xogos para manterse mentalmente activos. Tamén hai Coral os luns e mércores de 22:00 a 23:00 horas.

As persoas interesadas en obter máis información sobre as actividades poden preguntar no Centro Sociocultural de Bóveda, chamar ao 982 42 61 77  ou mandar un correo a cultura@concellodeboveda.com

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here