IniciosociedadeAs adicatorias con amor de Sarria reciben seus premios

As adicatorias con amor de Sarria reciben seus premios

A Asociación de empresarios e comerciantes de Sarria entrega os premios da campaña de San Valentín "Adicatorias con amor". E a Delegación da Zona Sur da APEHL presenta este venres, 21 de febreiro, ás 18.30 no Centro do Viño da Ribeira Sacra o “ XII Estase Cocendo”, co monfortino Eduardo Iglesias como imaxe desta edición.

Publicado o

- Advertisement -

A Asociación de empresarios e comerciantes de Sarria entrega os premios da campaña de San Valentín “Adicatorias con amor”. A reporteira da ACES-CCU Sarria percorreu as rúas da vila o día de San Valentín, acompañada dun cámara que gravou as adicatorias dos namorados/-as á súa parella, amigos, fillos/-as, … e subíronse a páxina de “Facebook” do CCU Sarria. Sumaron un total de trinta e cinco gravacións, que tiveron numerosas visitas e reproduccións dos vídeos, cun alcance aproximado de 40.000 persoas. Sara Garrido foi a premiada cunha cea para dúas persoas nesta modalidade.

Por outra banda, dende os establecementos asociados tamén se sortearon dúas ceas para dúas persoas polas compras realizadas dende o 1 ao 14 de febreriro, resultando premiadas curiosamente dúas compras feitas o día de San Valentín, a primeira delas en Calzados Veiga por Isabel Rodríguez; e a segunda no Restaurante O´Descanso por Emilio Agra. Hotel Alfonso IX, Restaurante O´Descanso e Restaurante Roma son os establecementos hostaleiros onde as persoas premiadas gozarán dunha cea para dúas persoas.

Estase Cocendo

A Delegación da Zona Sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo presenta este venres, 21 de febreiro, ás 18.30 no Centro do Viño da Ribeira Sacra o “ XII Estase Cocendo”.

As xornadas gastronómicas dedicadas ao cocido celebraranse do 22 de febreiro ao 22 de marzo. Os restaurantes, café-bares, etc, de todo o territorio da Ribeira Sacra Lucense, realizarán Tapas Especiais e Menús referentes ao Cocido e outras suxerencias. Cada establecimiento participante identifícase cun cartel, que exporá no seu establecemento; contarase tamén con dípticos coa relación de todos os participantes.

Este ano volverase sortear un porco de máis de 100Kg. e a hostalería ofertará habitacións para as personas que veñan a visitar a Ribeira Sacra. Este ano, a imaxe para o evento será o monfortino que estivo no Dakar, Eduardo Iglesias.

Eduardo Iglesias

ÚLTIMAS

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...