IniciosociedadeO concello do Incio renovará 1.154 luminarias

O concello do Incio renovará 1.154 luminarias

Con esta actuación diminuirá a potencia contratada de 70,11 kW a 39,29 kW, conseguíndose un aforro enerxético estimado do 62,02%. O investimento total no proxecto ascende a 522.478 euros.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello do Incio vén de recibir unha resolución pola que se estima favorable a solicitude de axuda para a renovación de instalacións de iluminación exterior no conxunto do municipio. A subvención concedida polo Instituto para la diversificación y el ahorro de la energía (IDAE) para a renovación no alumeado público exterior consiste na renovación das luminarias existentes (VMCC e VSAP) por luminarias LED máis eficientes. Substituiranse 1.154 e actuarase en 64 dos 95 cadros de mando para adaptalos á normativa vixente.

Con esta actuación diminuirá a potencia contratada de 70,11 kW a 39,29 kW, conseguíndose un aforro enerxético estimado do 62,02%.

O investimento total no proxecto ascende a 522.478 euros, dos que o IDAE achega un importe máximo de 417.982,40 euros ao amparo das subvencións a proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono. A contía restante correspóndelle pagala ao Concello.

O alcalde, Héctor Corujo, subliña a importancia de ter acadado esta subvención, posto que vai permitir a renovación da iluminación en todo Concello, ao tempo que suporá un importante aforro na factura que se viña pagando polo consumo de luz pública.

ÚLTIMAS

Unanimidade no Parlamento para demandar ao Goberno de España a execución das variantes ferroviarias dos Peares e Rubián

O autor da iniciativa, José Manuel Balseiro, lembrou que son “infraestruturas proxectadas no seu...

A segunda etapa do Gran Camiño pasará por Taboada e Chantada o 23 de febreiro

A volta ciclista profesional “O Gran Camiño”, que por terceiro ano traerá a Galicia...

Exposición do pintor Gregorio Huerta del Río, o “pintor das uvas”, no centro do viño da Ribeira Sacra

O Alcalde, José Tomé Roca, acompañado pola Primeira Tenente de Alcalde, Gloria Prada, o ...

Moito que ver e facer para gozar do Nadal en Monforte

A Tenente de Alcalde, Gloria Prada e a Concelleira de Cultura, Marina Doutón, deron...