IniciosociedadeA Ribeira Sacra tivo unha ocupación do 67% en xullo

A Ribeira Sacra tivo unha ocupación do 67% en xullo

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra asegura que cos datos recollidos ata o momento en aloxamentos durante o mes de xullo a porcentaxe de ocupación foi do 67%. O pasado ano no mesmo mes, a ocupación foi do 77%.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A maior ocupación na Ribeira Sacra durante o mes de xullo deuse nos hoteis de 3 e 4 estrelas que chegaro ao 83%, seguidos doutros aloxamentos cunha ocupación do 78%, turismo rural cun 66% e vivendas de uso turístico cun 42%. A ocupación media foi do 67%, dous puntos por riba do ano 2018 que foi do 65% e 10 por debaixo do pasado ano que chegara ao 77%.

Os datos son valorados positivamente polo Consorcio de Turismo, que considera que xullo arroxa un resultado “altamente satisfactorio e sorprendente que cumpre coas previsións de finais de xuño que era do70%”.

Como datos destacados no mes de xullo sinálase que nos hoteis de 3 e 4* non hai diferenza na ocupación entre os días laborais e de fin de semana. Tamén permanece bastante igualada a ocupación noutro tipo de aloxamento, salvo no de turismo rural que si incrementa a súa demanda nun 20% nas fins de semana respecto aos días laborais.

En canto ás vivendas de uso turístico, aínda que foron a primeira  tipoloxía de aloxamento en ser demandada nas primeiras semanas da fin do confinamento, non tiveron unha ocupación tan elevada como se agardaba. Para agosto si se agarda que se incremente a súa ocupación nun 35% respecto a xullo.

Así as previsións de ocupación para agosto son as seguintes:

  • Hoteis 3 e 4*: 86%
  • Turismo rural: 62%
  • Vivendas Uso Turístico: 76%
  • Outros aloxamentos: 80%
  • Total: 76%

ÚLTIMAS

8ª Andaina polo Corazón de Galicia, o 21 de abril en Chantada

O domingo, 21 de abril, celébrase a 8ª Andaina polo Corazón de Galicia, que...

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...

Prohibidas desde este luns as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

A partir deste luns, 15 de abril, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas...