O Concello de Monforte abre o prazo de inscrición nas Escolas Deportivas Municipais. A oferta deportiva divídese en actividades para nenos e nenas (entre os 6 e os 15 anos) e actividades para adultos/as (a partir de 16 anos):
Actividades para nenos e nenas:
- Golf (grupos reducidos por idades)
- Pádel (grupos reducidos por idades)
- Kung Fu
- Zumba Kids
Actividades para adultos/as:
- Ximnasia de mantemento (2 grupos)
- Tai Chi
- Ioga (tres grupos)
- Zumba
Todas as persoas interesadas en inscribirse nalgunha das actividades ofertadas o poderán facer presentando a documentación establecida no Rexistro Municipal do Concello, de xeito presencial ou a través da sede electrónica.
O prazo de solicitudes estará aberto ata o 25 de setembro. Entre o luns 28 e o 30 de setembro publicarase na páxina web do Concello a lista de admitidos e admitidas nas actividades, confeccionada por rigorosa orde de presentación das solicitudes.
A documentación a presentar é a seguinte:
- Modelo de solicitude normalizado SER-DE-125
- Fotocopia do DNI do solicitante
- No caso de que o solicitante sexa menor de idade fotocopia do DNI do pai, nai ou titor/a que figura como tal na solicitude.
- No caso de familia numerosa, copia do título de familia numerosa expedido polo órgano competente.
- Declaración responsable COVID-19
Do mesmo xeito, no seguinte enlace pódese acceder ao procedemento para a presentación electrónica: https://sede.monfortedelemos.es/index.php?id=tramitacion
Todas as actividades contarán coas medidas preventivas fronte ao COVID-19 ditadas en cada momento polas autoridade sanitarias. Para máis información, ademais da páxina web todos os interesados poden acudir áss Oficinas Municipais de Deportes e Xuventude sitas nas Casiñas da Compañía.