Presentación en Taboada do Ciclo Superior de Marketing e Publicidade

A empresa de Taboada, CM Stores & Innovative Business SLU, será a única de Galicia que imparta este ciclo formativo de grao superior en modalidade de Grupo Completo de Formación Profesional Dual ofertando 14 prazas para futuros estudantes.

Presentación do CS de marketing e publicidade / CM Stores & Innovative Bussines SLU

Na casa da cultura de Taboada vense de presentar unha nova formación en Galicia, o Ciclo Formativo de Grao Superior de Marketing e Publicidade que se fai en colaboración co Centro Integrado de Formación Profesional das Mercedes en Lugo. 14 alumnos cos que se abe o ciclo combinarán a formación curricular do centro educativo cunha perspectiva práctica e remunerada no seo da empresa asentada en Taboada.

Trátase dunha aposta de futuro da empresa taboadesa dedicada á execución de proxectos de comercio electrónico. A iniciativa de formación de profesionais cualificados tentará que os seus futuros proxectos sexan todo o fortes para poder competir en mercados hiperespecializados, como son o estadounidense ou o chinés.

O seu obxectivo é ser unha referencia do comercio electrónico en España e en Europa. Entre as súas apostas está o fortalecemento dos seus departamentos que se encontran en continua evolución na súa adicación ao márketing e a publicidade.

Os alumnos compaxinarán a súa formación con prácticas remuneradas na empresa a partires deste curso nun proxecto inicial que abrangue dous anos completos.

Presentación do CS de marketing e publicidade / CM Stores & Innovative Bussines SLU

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here