HomesociedadePreocúpanlle ao concello de Monforte a violencia de xénero e a conciliación?

Preocúpanlle ao concello de Monforte a violencia de xénero e a conciliación?

Desde o 2009 a Xunta achegou 460.000 euros para financiar o programa de apoio ao Centro de Información á Muller, pero desde o 2015 o concello non solicita subvencións nin para violencia de xénero nin para conciliación.

Publicado o

- Advertisement -

A Secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, explicou en resposta parlamentaria que o seu departamento leva achegado desde 2009, máis de 460.000 euros para financiar  programas de apoio en materia de promoción da igualdade, prevención da violencia de xénero e mantemento do CIM.

O groso destas axudas tivo por obxecto financiar o programa de apoio ao centro de información ás mulleres (CIM) que xestiona o Concello de Monforte de Lemos en solicitude agrupada xunto aos municipios de Bóveda, Pantón, A Pobra de Brollón, O Saviñao e Sober.

Tamén aclarou López Abella que desde o ano 2015 o Concello de Monforte de Lemos non solicita subvención para o programa de fomento da conciliación, nin para o programa de prevención e tratamento integral da violencia de xénero. Estes dous programas forman parte da convocatoria conxunta que cada ano pon en marcha a Secretaría Xeral da Igualdade.

Funcionamento do CIM de Monforte

O Centro de Información á Muller de Monforte de Lemos acreditouse o 17 de marzo de 2005. Actualmente traballan nel unha Directora e Asesora Xurídica, unha asesora psicolóxica, e unha axente de Igualdade.

Durante o ano 2017 o CIM recibiu 1.571 consultas e atendeu a 173 mulleres. Neste primeiro semestre de 2018, o CIM de Monforte recibiu 804 consultas e atendeu a 140 mulleres.

ÚLTIMAS

Este 18 de xaneiro preséntase o tomo IX de Alicerces

O acto de presentación terá lugar este sábado, 18 de xaneiro, no Auditorio Municipal...

Un vídeo divulgará a semente, sega, acarrexa, malla e ‘Festa dos Fachós’ de Castro Caldelas

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas é unha das tradicións de culto ao...

Granxas familiares, un modelo en risco?

O 95 % das granxas que hai en Galicia seguen sendo familiares. Grazas á...

A Gándara de Monforte triunfa no Galego de Cross Escolar

Na categoría cadete feminina, o equipo da Gándara formado por Sabela Nieves, Sara Pérez,...