IniciosociedadeO pobo de Parteme segue uníndose para mellorar a súa aldea

O pobo de Parteme segue uníndose para mellorar a súa aldea

A veciñanza de Parteme, na parroquia do Nocedo, en Quiroga, segue facendo traballos de mantemento das zonas comúns. Traballos que teñen demandado ao concello desde o pasado verán e do que aínda non obtiveron resposta, por iso os veciños seguen xuntándose para executar estas melloras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A comezos deste mes, por iniciativa da Asociación de Veciños de Parteme, realizouse a limpeza do acceso que leva á fonte pública e comezouse coa limpeza das rúas. Traballos que a Asociación asegura ten reclamado en moitas ocasións por escrito ao Concello, e non recibindo contestación deciden facer as melloras pola súa conta; tendo claro que inicialmente é competencia das administracións locais ter uns servizos mínimos para que o rural non morra.

“Para que queremos políticos se fan caso omiso ás nosas peticións? É incrible que uns veciños unidos con vontade de facer o ben para a comunidade, que son capaces de poñer cartos do seu peto e o seu tempo libre para realizar unha función que lle compete ao concello, sexan tratados como se está tratando ao pobo de Parteme,” denuncian desde a asociación, e pregúntanse onde están “as partidas económicas que lle pertencen aos pobos.”

Asociación de Veciños de Parteme limpeza aldea

Os traballos que a asociación levou a cabo para recuperar a fonte pública e na limpeza de rúas foron moi ben recibidos pola veciñanza e hoxe quen vai a diario a por auga xa pode baixar con máis seguridade. Sen embargo, agora lamentan desde a asociación que antes había luz pública na fonte e cortouse o poste para retirar esa farola.

Despois de varias xornadas de traballos comunitarios a asociación asegura que o pobo cada vez está máis unido e que seguirán traballando por mellorar a situación da súa aldea e demandando ao concello as melloras necesarias.

Asociación de Veciños de Parteme limpeza aldea

“Parteme somos todos, tanto os que vivimos día a día como os e as que están fóra e veñen de fin de semana, por tempadas ou nas vacacións. E os non empadroados tamén pagan impostos, non o esquezamos tampouco,” conclúen.

Asociación de Veciños de Parteme limpeza aldea

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...