InicioTerra de LemosMonforteA Terra de Lemos, unha das comarcas que máis galego fala de...

A Terra de Lemos, unha das comarcas que máis galego fala de toda Galicia

Os estudos realizados afirman que na Terra de Lemos hai menos influencia do castelán que noutras zonas de Galicia

Publicado o

- Advertisement -

Todas as enquisas demolingüísticas realizadas en Galicia indican a importancia do territorio na distribución da lingua, así como a súa relación coa idade e outras variables como son a formación, economía, a renda ou incluso o xénero. E iso acontece, tamén, coa comarca de Lemos.

Un estudo realizado polo Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega entre 1992 e 2008, usando unha clasificación de dinamismo dos concellos, chega á conclusión de que en Galicia o 90,75% dos habitantes de 5 ou máis anos son capaces de falar galego, pero a gran maioría non o utiliza habitualmente, senón que prefire usar o castelán.

Unha situación que non acontece na comarca de Lemos. Aquí, entre o 90 e o 95% da poboación é capaz de falar o galego perfectamente pero esas porcentaxes disminúen considerablemente se se trata á hora de escribilo. Pero o seu uso é máis importante que no conxunto de Galicia.

SEGUNDO A RAG, TERRA DE LEMOS É CONSIDERADA BILINGÜE

Os resultados vertidos dos estudos realizados sinalan co 30% das áreas comarcais galegas teñen maís dun 80% de galegofalantes predominantes. Esto é, 6 das 20 áreas comarcais son galegofalantes. Estas zonas son a Coruña suroriental (Arzúa, Orden e Terra de Melide), Costa da Morte (Bergantiñós, Fisterra, Muros, Terra de Soneira e Xallas), Lugo Oriental (A Fonsagrada, Os Ancares e Terra de Lemos), O Carballiño e O Ribeiro, Ourense Sur (Limia, Baixa Limia, Terra de Celanova, Verín e Viana) e Pontevedra nororiental (Deza e Tabeirós, Terra de Montes).

Galegofalantes en cada zona/RAG

Analizando a imaxe anterior, conclúese que o galego é maioritario na maior parte do territorio galego, é decir, no 70% das áreas comarcais anteriormente mencionadas. Así e todo, este territorio é o que ten unha densidade de poboación menor posto que estas comarcas non chegan a ter o 50% da poboación galega.

Lugo Oriental é unha zona xeográficamente montañosa, rural e que limita tanto con Asturias como con Castela e León e é unha das principais entradas a Galicia do Camiño de Santiago. Estas variables fan presumir que a zona de galegofalantes esté influenciada polo uso do bilingüismo. Isto tamén pode ser provocado porque a poboación faga a súa vida cotiá fóra dos límites territoriais de Galicia. Para finalizar a análise, compre ter presente que esta zona estase a converter nun destino turístico de montaña onde o patrimonio cultural galego está a converterse nun valor que favorece a retención do galego a través duns usos bilingües.

Segundo o informe “a maior renda, maior nivel de urbanización, xuventude e nivel formativo da poboación, menor é a proporción de uso do galego e maior é o uso do castelán e, en xeral, a presenza dos colectivos bilingües”.

 

ÚLTIMAS

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...

A Deputación urxe á Xunta a acometer o desdobramento da totalidade do corredor Nadela-Monforte

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, evidenciou a necesidade de completar...

A Xunta reactiva as notificacións para queimas agrícolas

A Xunta de Galicia decidiu volver activar os permisos para queimas agrícolas de particulares....