IniciosociedadeMario e Cristina, os gandeiros máis famosos de Galicia

Mario e Cristina, os gandeiros máis famosos de Galicia

A gandería destes galegos, afincados en Chao da Casa, Quiroga, ademais de polo seu bo facer na crianza de bois pasa por ser a máis mediática do momento.

Publicado o

- Advertisement -

Quen lles diría a Mario Nogueira e á súa dona, Cristina Gómez, que o seu proxecto persoal na recuperación da crianza de bois que empezou no ano 2001 tería a repercusión e o éxito do que gozan neste momento.

Ademais de pola calidade da carne que comercializan, son moi populares grazas a que algúns dos seus bois son “extras de cinema”. Coñecidos por participar en varias películas, a última aínda por estrear, “Elisa e Marcela” da directora Isabel Coixet, o venres pasado apareceron tamén no programa Luar da Televisión de Galicia.  Nesta ocasión os protagonistas foron Bonito e Boneco. Con toda a naturalidade do mundo, estes exemplares duns 800 quilos de peso e cornos que impresionan, pasearon polo plató do Luar e posaron para fotos con Gayoso e os compoñentes de Camela sen ningún tipo de vergoña nin sobresalto. Quedou claro, unha vez máis, que están máis que acostumados aos focos, ás cámaras e á presenza de moita xente ao redor deles.

Camión no que se destrazan os bois de Gandería Mario Nogueira / XdL

Ademais do interese que xeran para proxectos audiovisuais tamén están moi solicitados para participar en romarías, desfiles e festas. Neste eido Cristina destaca como “manexadora” e por este labor viaxa xunto cos seus “aplicados pupilos” a moitos concursos a nivel nacional. Tal é o seu xeito nesta disciplina que o pasado mes de agosto levou o premio á mellor manexadora de bois no Folión de Carros de Chantada.

ÚLTIMAS

Raquel Arias destaca as inversións da Xunta no patrimonio histórico da Ribeira Sacra

A deputada popular, Raquel Arias, indica que, nos últimos anos, a Xunta destinou 5,2...

O comercio de Sarria entrega os vales de San Valentín

Os establecementos asociados sortearon, para esta campaña, catro ceas para dúas persoas polas compras...

O Colado do Vento, de Sober, organiza un obradoiro para concienciar sobre a nosa etnografía

O proxecto de 'Galicia latente' ten como base un estudo-libro homónimo de recollida e...

A xornalista, Lucía Rodríguez, con raíces en Sober, pregoará a Feira do Viño de Amandi

O concello de Sober deu a coñecer este mércores o nome da persoa que...