Iniciosociedade“Estudanto os hipernúcleos poderiamos entender como se forman as estrelas”, José Luis...

“Estudanto os hipernúcleos poderiamos entender como se forman as estrelas”, José Luis Rodríguez, Físico Nuclear da Pobra do Brollón

José Luis Rodríguez Sánchez, investigador da Pobra do Brollón, físico nuclear premiado internacionalmente, recibía este venres, 21 de decembro, o recoñecemento do seu concello. Vén de recoller un novo premio da Sociedade Xaponesa de Física Nuclear, mentres recoñece que en Alemaña vota en falta e comida de aquí. Conversamos con el.

Publicado o

- Advertisement -

José Luis Rodríguez Sánchez, investigador da Universidade de Santiago de Compostela naceu fai 30 anos na Ferreirúa, A Pobra do Brollón. Este venres, 21 de decembro, o Concello quixo recoñecer o seu traballo e convidou á familia de José Luis a participar dun acto  no que se lle fixo entrega dunha placa en agradecemento por levar o nome da Pobra do Brollón por todo o mundo. Tamén asinou no libro de ouro do concello.

O investigador foi premiado pola Sociedade Europea de Física pola súa tese sobre a fisión nuclear; a división de Física Nuclear da Sociedade Europea de Física deulle o premio ao mellor investigador novel da Comunidade de Núcleos Exóticos do acelerador de partículas FAIR e vén de recibir outro premio da Sociedade Xaponesa de Física Nuclear polos estudos de hipernúcleos que está desenvolvendo. José Luis desenvolve a súa labor de investigación no acelerador FAIR do principal laboratorio de física nuclear en Europa, o laboratorio GSI en Alemaña.

De onde vén teu interese por todo este mundo?

Eu diría que todo comezou cando era pequeno. Ós nenos mércaslles un xoguete e xogan con el, eu queríao para desmontalo e entender como funcionaba. Todo comezou aí. No colexio sempre me gustaron as matemáticas e a física. Creo que os profesores se comezaron a dar conta dos meus intereses e cualidades cando era o único que conseguía solucionar os problemas máis complexos.

Unha vez que rematas a carreira de Física que fas despois?

Cando rematei pedín unha beca do Ministerio para traballar no Departamento de Física de Partículas, aí comecei a traballar con detectores e con sistemas de medida de partículas e así empecei o doutoramento. Primeiro estiven en Francia facendo cálculos teóricos e despois enganchei coa beca da Xunta de postdoutoramento. Desde novembro do 20017 estou en Alemaña, nun centro de investigación.

Os recoñecementos que consigues débense a que tipo de investigación?

Estudiei o proceso de fisión, coller o núcleo dentro do átomo e rompelo en dous. O que fixemos foi entender como pasa esto, caracterizar este proceso, porque ata agora non se fixera. A fisión descubriuse nos anos 40 e ata o 2012 non conseguimos caracterizar o proceso.

Qué aplicacións prácticas ten o teu traballo sobre a fisión?

Eu o que fago é entender o proceso, ter un mellor coñecemento do proceso para, por exemplo en medicina, elaborar novos radiofármacos, novos tratamentos. Tamén para pulir materiais,… a veces queres construir un  material moi fino e con este tipo de reaccións pódelos conseguir.

En que estás traballando agora?

Estou facendo algo totalmente novedoso, estudo hipernúcleos. Os núcleos están formados por neutróns e protóns e os hipernúcleos son átomos que teñen neutróns, protóns máis unha partícula estrana. Estamos tentando entender que fai esa partícula aí dentro, como cambia a forma do átomo, a enerxía que ten dentro,… é importante para entender, por exemplo, como se forman as estrelas,… as estrelas de neutróns que son moi famosas en astrofísica.

Queremos facer todas as medidas que se fixeron ata agora cos núcleos normais, facelas cos hipernúcleos e ver se con ese novo ingrediente podemos explicar mellor a formación das estrelas.

Recoñecemento na Pobra do Brollón / Concello da Pobra do Brollón

A curto prazo, que previsións profesionais ou laboráis tés?

Agora está todo moi revolto porque con todos os recoñecementos hay moita xente que me chama para traballar para eles, pero agora mesmo teño dúas opción: contrato de 5 anos en Alemaña, onde estou traballando agora, con praza fixa ou seguir con beca da Xunta e esperar que saquen unha praza na universidade de Santiago.

Que che apetece máis?

Santiago, estar na casa sempre é mellor. Os experimentos hai que facelos fóra, pero traballar cos datos pódese facer en calquera lugar, gustaríame volver.

Alí hai o problema do idioma, pero o que realmente levo mal é a comida porque os alemáns comen case sempre o mesmo.

Físico nuclear, tés moitos colegas de profesión en España?

En España hai moi pouca xente traballando nesto. Xa non é cousa da xente é cousa do diñeiro, non todos os grupos de investigación teñen cartos para ir a Alemaña e traballar alí. Nese sentido tiven moita sorte e atopei un director de tese que me deu esa oportunidade.

Logo a investigación tíralle menos á xente, prefiren a empresa privada, pagan máis, traballan menos horas,… na investigación nunca desconectas, non hai fins de semana.

Unha das serie de moda desde fai anos, Big Bang Theory, os protagonistas tamén son físicos, os contidos axústanse á realidade?

Vín a serie algunha vez. Hai cousas que dín que son verdade, a parte referida á física é toda correcta.

Esperabas todo esto? Investigación, aceleradores de partículas, viaxes, premios,…

Cando comecei non, todo era novo. Non sabía o que ía conseguir, ao final todo saiu ben e imos premio tras premio, pero sempre que fas algo por primeira vez as posibilidades de fracasar tamén está aí. Agora acabo de presentar os estudos de hipernúcleos no Xapón, gustou moito a idea e levei outro premio da Sociedade Xaponesa de Física Nuclear.

ÚLTIMAS

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...