InicioSucesosSober decreta dous días de loito polo piloto falecido no accidente de...

Sober decreta dous días de loito polo piloto falecido no accidente de avioneta

As bandeiras do edificio municipal xa ondean a media hasta.

Publicado o

- Advertisement -

O Concello de Sober decretou dous días de loito oficial pola morte de Santiago Durán, o piloto da avioneta contra incendios que o mércores despegou da base de Doade e cuxo corpo foi atopado na tarde do venres nunha zona de montaña de Porto de Sanabria (Zamora).

Segundo informa o Consistorio nas súas redes sociais, as bandeiras do edificio municipal xa ondean a media hasta. O alcalde de Sober, Luís Fernández Guitián, traslada no seu nome e no de toda a Corporación municipal o seu “máis sentido pesar” á familia do piloto sevillano e aos seus compañeiros da base de Doade.

Santiago Durán, orixinal de Gines (Sevilla) e pai de dous fillos, accidentouse o pasado mércores cando sobrevoaba a zona limítrofe entre Ourense e Zamora na súa viaxe de regreso de Sober a Córdoba. Os restos da aeronave e o seu corpo foron localizados á primeira hora da tarde do venres en Porto.

ÚLTIMAS

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...

Unha nova vida para Donelle, a aldea de Sober mercada pola cooperativa Ecooo

A Donelle, unha aldea deshabitada do Concello de Sober dende hai varias décadas, preséntaselle...