HomeSucesosUn ferido por mor das lapas que afectan ó corazón da Ribeira...

Un ferido por mor das lapas que afectan ó corazón da Ribeira Sacra

Os traballos de extinción do lume de Pantón provocaron que algunhas pedras caeran á vía do tren provocando que un pasaxeiro do convoi, que circulaba pola zona naquel momento, resultase ferido

Publicado o

- Advertisement -

A primeira hora da tarde do luns 8 de outubro declarouse un incendio no Concello de Pantón.

O lume, previsiblemente provocado, deu comezo na ladeira dos Canóns do Sil, en pleno corazón da Ribeira Sacra. A forte pendente da zona e a frondosidade dos piñeiros que alí se localizan, provocaron cas labores de extinción fosen moi complicadas.

Traballos de extinción no incendio de Pantón/@UGTForetaisGalicia

Segundo puido saber este xornal, o lume de Pantón provocou que o tráfico viario estivera cortado durante as labores de extinción por seguridade. Debido a estes traballos, algunhas pedras de gran tamaño caeron ás vías do tren. A media tarde, e xa cas lapas controladas, volveuse restablecer o tráfico ferroviario. Nese intre, as máquinas que seguían traballando na zona provocaron un novo escorremento de pedras alcanzando a un tren que circulaba nese intre. Polo momento, sábese que un pasaxeiro do convoi resultou ferido.

ÚLTIMAS

Comezan as Festas Patronais de San Clodio, en Ribas de Sil

A capitalidade de Ribas de Sil, San Clodio, comeza este mércores, 12 de agosto,...

A Deputación transferirá a Casona ao concello do Incio e axudará na súa rehabilitación

Este martes, 11 de agosto, o alcalde do Incio mantivo unha reunión de traballo...

Chantada informa dos principais puntos de observación da eclipse no municipio

Guiaron o encontro o astrofísico, Borja Tosar e a optometrista, Teresa Feás e María...

“Monforte merece que se estuden todas alternativas antes de seguir adiante coa ponte”, insisten desde Esperta

Para Esperta Monforte chégase a esta autorización da CHMS despois de diferentes decisións relacionadas...