Iniciosociedade"O peche perimetral é discriminatorio para Monforte", asegura o alcalde

“O peche perimetral é discriminatorio para Monforte”, asegura o alcalde

"Non temos os datos da situación real que levaron a tomar esta decisión á Xunta de Galicia. Non se nos facilitan os datos a pesar de que levamos moito tempo pedíndoos", segundo afirma o alcalde.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na área de Lugo aumentan a 48 os pacientes con Covid ingresados, deles cinco en UCI –sen cambios– e 43 noutras unidades –seis máis–. O Hospital de Monforte conta con 3 hospitalizados por coronavirus. Ata o momento os curados sitúanse en 3.500 e as PCR ascenden a 83.071, contando con 1049 casos activos. Toda a información no Galicia Confidencial.

E o alcalde de Monforte, José Tomé, facía este xoves unha valoración do anuncio do peche perimetral para o concello, “Non temos os datos da situación real que levaron a tomar esta decisión á Xunta de Galicia. Non se nos facilitan os datos a pesar de que levamos moito tempo pedíndoos e fomos avisados uns minutos antes de que o Presidente da Xunta o anunciara.”

Segundo Tomé a medida non vai a resolver o problema e supón unha inxustiza para Monforte e para o sector da hostalería, “A min a medida paréceme que non vai a resolver moito, creo que facendo illas non imos a acabar co problema e sabiamos que non coincidían os datos da Xunta cos que manexabamos nós de xeito extraoficial que recababamos dos sanitarios e sabiamos que situación era máis grave do que dicía a Xunta de Galicia. Non parece lóxico que por un lado estén ocultando datos ou dicindo que son menores e de repente pechen o concello de Monforte. Se a situación é grave teremos que tomar medidas, pero para todos, non se pode facer de xeito discriminatorio e desde logo para a hostalería é un castigo excesivo porque non é a única responsable desta situación. Ademais eu creo que é unha incongruencia que calquera que veña de Madrid poida tomar café nos concellos de arredor e non o poida tomar en Monforte, dado que nin Madrid nin Galicia están pechados, entón é unha inxustiza clara cara Monforte neste caso e cara o sector da hostalería, marcadamente.”

ÚLTIMAS

Xornadas Pacegas sobre as Revoltas Irmandiñas, o 6 e 7 de maio no Museo Pazo de Tor

O Museo Pazo de Tor acollerá os vindeiros 6 e 7 de maio a...

Prohibidas desde este luns as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

A partir deste luns, 15 de abril, quedarán prohibidas as queimas de restos agrícolas...

2 meses para as obras de mellora da contorna da Pinguela que se veñen de adxudicar

Este proxecto suporá a mellora do entorno que rodea as instalacións deportivas e os...

A Festa da Carne ao Caldeiro de Carballedo reparte 1.500 quilos de carne

A asociación de veciños O Bubaíño de Castro organiza esta cita na que se...