HomeMedio ambiente e PatrimonioUnións Agrarias acusa a Xunta de "desentenderse do problema" das velutinas

Unións Agrarias acusa a Xunta de “desentenderse do problema” das velutinas

Empraza a Xunta a que "canto antes se faga cargo e poña en marcha un plan para erradicar" a presenza da velutina en Galicia.

Publicado o

- Advertisement -

O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, acusou a Xunta de Galicia dun “total abandono de funcións” para combater á velutina, tras a morte dun veciño de Pantón por picaduras destas avespas ao atoparse cun niño cando rozaba unha leira.

Roberto García censura que o Goberno galego “se desentendeu do problema, pasándollo aos concellos, que non teñen nin medios nin coñecementos para xestionar” esta situación, igual que ocorre coa “fauna salvaxe”, segundo lamenta.

Así, alerta do “risco” para a saúde. “O que empezou sendo un problema menor está a xeneralizarse e neste momento pasa a ser un risco pola falta dun plan para atacar este problema”, advertiu.

Ademais, incide no cambio de “patrón” das velutinas e alerta que “xa non é un problema dos niños que están nas árbores, senón que se atopan dentro da maleza, con risco real para a poboación”.

O dirixente sindical ten claro que “nun primeiro momento se frivolizou con isto e non se lle deu a importancia que se lle tiña que dar pensando que era un problema puntual”.

“Non se crearon os medios económicos nin técnicos, non se investigou nada para facerlle fronte, mentres noutras comunidades autónomas conseguiron a súa extinción; con todo, aquí vemos que vai a máis”, reprocha a Medio Rural. Por todo iso, empraza a Xunta a que “canto antes se faga cargo e poña en marcha un plan para erradicar” a presenza da velutina en Galicia.

ÚLTIMAS

Palestra con Fayez Badawi sobre a loita do pobo palestino, o 24 de marzo en Monforte

O evento contará coa intervención de Fayez Badawi, ex portavoz da Fronte Popular para...

O PP da Pobra do Brollón pide maior planificación das obras

Teddy López realiza esta petición despois de ver como esta semana foron moitos os...

Abre a tempada de Rutas Fluviais na Ribeira Sacra con 15.453 reservas

A tempada 2025 das rutas fluviais pola Ribeira Sacra comeza cunha gran acollida por...

3CUMIOS, levando o nome da Ribeira Sacra ao máis alto

A Expedición Huascarán 2025 levaraos á Cordilleira Branca en Perú, a unha altitude de...