HomesociedadeQuiroga investigará matrículas de coches para denunciar posibles visitantes

Quiroga investigará matrículas de coches para denunciar posibles visitantes

O concello de Quiroga quere evitar as visitas durante esta Semana Santa, tal e como recolle o estado de alarma. Anuncia que multará aos vehículos que non teñen residencia habital no municipio.

Publicado o

- Advertisement -

A Policía Local de Quiroga investigará as matrículas dos coches para denunciar “aos visitantes” que se acheguen a este municipio da Ribeira Sacra mentres dure o estado de alarma, como unha medida máis para evitar “en todo o posible a proliferación do Covid-19”.

Segundo sinalan desde o concello “A partir de agora, a Policía Local encargarase de investigar as matrículas de todos os vehículos que non sexan habituais do noso municipio, que se atopen estacionados de forma prolongada en todo o territorio da súa competencia.”

Se os axentes da autoridade constatan que estes vehículos pertencen a persoas desprazadas que non teñan en Quiroga a súa residencia habitual, sen causa que xustifique a súa presenza no concello, antes e despois do decreto de confinamento, “serán denunciados por incumprir a normativa inherente ao estado de alarma decretado polo Goberno Nacional.” sinalan desde o concello.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...