IniciosociedadeReconto do domingo: a provincia rexistra outros tres positivos menos

Reconto do domingo: a provincia rexistra outros tres positivos menos

41 persoas están infectadas na área sanitaria de Lugo.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade vén de informar que a área sanitaria de Lugo mantén 41 casos activos de coronavirus, o que supón un descenso de tres persoas respecto da xornada de onte, sábado, cando se rexistraban 44 infectados.

Deles, unha persoa permanece na Unidade de Coidados Invensivos do HULA, igual ca nestes días anteriores. Outra está en planta (unha menos ca onte) e outras 39 en corentena nos seus domicilios (dúas menos ca onte).

No histórico ata o día de hoxe, o Sergas conta 27 falecementos, 880 altas e un total de 948 casos totais na provincia (tendo en conta as mortes e mais as altas).

GALICIA

O número de casos activos de coronavirus COVID-19 no conxunto de Galicia descende a 732, o que supón 17 menos que este sábado, mentres que os pacientes curados aumentan a 9.958, o que implica 22 máis que a xornada pasada.

Por áreas sanitarias, dos 732 casos activos, 266 corresponden á de Vigo (tres menos que o sábado); 167 á da Coruña (tres menos); 135 á de Santiago (un menos); 75 á de Ourense (sete menos); 41 á de Lugo (tres menos); 28 á de Pontevedra (un menos) e 20 á de Ferrol (un máis).

Así o constatan os datos actualizados este domingo pola Cosellería de Sanidade, que tamén precisan o aumento de número de pacientes ingresados na UCI ata os 4, un máis que onte. Mentres tanto, 33 seguen noutras unidades de hospitalización e 695 en seguimento domiciliario, datos que descenden con respecto ao sábado.

Hai 9.958 pacientes curados e as vítimas mortais mantéñense en 616 desde o sábado. Co falecemento dunha muller de 82 anos que permanecía ingresada no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) rompeuse coa tendencia rexistrada en Galicia desde o martes, día no que se contabilizara a última vítima do coronavirus.

 

ÚLTIMAS

Estudantes de Monforte e Vigo álzanse con tres premios da competición educativa Young Business Talents

Dous equipos de alumnado do IES San Tomé de Freixeiro (Vigo) e un grupo...

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...