Piden dez anos para o dono dun bar por presuntamente violar a unha clienta

Os feitos remontanse a outubro de 2010.

Chegada dun vehículo policial aos xulgados / VÁZQUEZ/EP

O propietario dun establecemento de lecer nocturno situado na localidade luguesa de Chantada enfróntase a unha petición de 10 anos de prisión por presuntamente violar a unha muller no interior do local, no que a pechou despois de que a vítima regresase para recuperar o teléfono que esquecera.

Os feitos remóntanse a mediados do mes de outubro de 2017 e serán xulgados o vindeiro mércores na sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo.

A Fiscalía pide para o acusado un total de 10 anos de cárcere e outros oitos de liberdade vixiada por un delito de agresión sexual con acceso carnal e introdución de membros corporais por vía vaxinal. Tamén reclama unha indemnización de 15.000 euros e 18 anos de prohibición de achegarse á agredida.

Segundo o escrito de acusación do Ministerio Público, a vítima entrou no local do procesado durante a madrugada do 17 de outubro de 2017. No establecemento saudou ao suposto agresor.

Ao redor das 07,00 horas da madrugada, a denunciante decatouse de que esquecera o teléfono móbil e regresou ao local para recuperalo. Alí estaba o procesado, que se atopaba só no establecemento. Este pechou a porta do local e apagou as luces para atrapar a muller.

Fiscalía sostén que o acusado se valeu da súa corpulencia e superioridade física para someter a vítima, á que reduciu contra o chan e forzouna ata agredila sexualmente.

Ao redor das 08,20 horas, a muller tratou de pedir auxilio a través do seu teléfono móbil. O Ministerio Público sinala que, nese momento, o home abriu a porta que permanecía pechada con chave e deixou saír a vítima, á que pediu que non denunciase o sucedido.

A muller chamou aos servizos de emerxencia e á Policía para denunciar en canto abandonou ao local. Esa mesma mañá, o home foi arrestado e compareceu ante o Xulgado de Instrución número 1 de Chantada, que impuxo unha orde de afastamento provisional como medida preventiva.

A consecuencia da agresión, a vítima viu trastornada a súa saúde mental e recibe tratamento psicolóxico, segundo resalta o Ministerio Público no seu escrito de acusación.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here