HomeEconomíaCCOO cifra en 1.100, as persoas en situación de pobreza extrema...

CCOO cifra en 1.100, as persoas en situación de pobreza extrema no sur da provincia

O sindicato denunciou no xulgado á Panadería Moure e á Cafetería Cardenal por prácticas abusivas cos empregados.

Publicado o

- Advertisement -

O paro na zona sur da provincia incrementouse en outubro en 34 persoas, datos que CCOO ve con preocupación porque o 43% dos parados desta zona, non cobra ningún tipo de prestación. Segundo a Secretaría de Acción Sindical, 1.100 persoas no sur da provincia ven un futuro desolador ao non recibir ningún tipo de axuda, deles máis do 50% residen en Monforte, o que supón segundo o sindicato, uns 500 veciños en situación de pobreza extrema.

CCOO cre necesario seguir organizando actos solidarios para conseguir comida para estes colectivos e lamentan que haxa empresarios que desenvolven prácticas antisindicais como despidos inxustificados e malos tratos verbais. Así, o sindicato denunciou no xulgado á Panadería Moure e á Cafetería Cardenal por prácticas abusivas cos empregados. Para acabar con este tipo de prácticas e coa precariedade laboral, o sindicato anima a todos os traballadores sometidos a este tipo de malos tratos, a que denuncien estas prácticas na comisaría, co obxectivo de mellorar a súa situación laboral e apostar por un sector serivizos de calidade na Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...