HomesociedadeCurso sobre prevención e loita contra incendios para Protección Civil en Chantada

Curso sobre prevención e loita contra incendios para Protección Civil en Chantada

A Xunta imparte en Chantada un curso sobre prevención e loita contra os incendios urbanos e forestais no que están inscritos 18 voluntarios de agrupacións de Protección Civil (AVPC), principalmente deste concello e tamén do Saviñao.

Publicado o

- Advertisement -

O curso desenvólvese ata o vindeiro domingo 19 de maio no Telecentro de Chantada. Inclúe 40 horas lectivas, nas que os participantes reciben formación teórica e práctica sobre prevención e loita contra os incendios nos ámbitos urbano e forestal e primeiros auxilios.

As accións formativas están organizadas pola Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo dependente da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. A información pode consultarse na web da AGASP.

A Xunta tamén organizou cursos en Mondoñedo, Ribeira de Piquín e O Saviñao neste primeiro semestre do ano, ofrecendo en total 140 prazas na provincia de Lugo. Proximamente publicarase a programación para o segundo semestre.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...