HomePolíticaO PSOE esixe á Xunta que volva ofertar as materias optativas que...

O PSOE esixe á Xunta que volva ofertar as materias optativas que non se están impartindo nos institutos de Chantada

Estas materias foron suprimidas por non chegar ao mínimo de alumnos esixido.

Publicado o

- Advertisement -

O Grupo Parlamentario Socialista presentou na cámara galega unha proposición non de lei instando á Xunta a autorizar a oferta das materias de Grego I e Xeoloxía no IES Lama das Quendas de Chantada e no IES Val do Asma, que actualmente non se están impartindo.

Os centros contan con profesorado que podería impartir ambas materias, polo que non suporía en ningún caso un incremento no número de docentes. Na actualidade, os profesores están realizando gardas innecesarias en lugar de dar clases da súa especialidade.

A voceira do PSOE en Chantada, Raquel López Rodríguez denunciou que “os alumnos destes institutos de Chantada están sendo discriminados por parte da Xunta, escudándose en que non chegan ao número mínimo de alumnos para impartir ditas clases. Isto está provocando que os rapaces teñan que recibir clases doutras materias e no peor dos casos que se trasladen a estudar a centros doutros concellos para poder formarse nas materias que queren”

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...