O principal xornal británico, The Guardian, fíxose recentemente eco da riqueza paisaxística e cultural da Ribeira Sacra. Baixo o título de “guía de vacacións no interior de Galicia, España: viñedos, hoteis e restaurantes”, o medio de comunicación inglés fai un breve resumo das marabillas que se poden ver e probar no sur lucense.
Se ben é certo que definen á zona como “unha das rexións máis misteriosas e menos coñecidas de España” tamén engaden que é o “fogar de espectaculares gargantas e ríos, antigos mosteiros e algúns dos mellores viños do país”.
“Os seus ríos, Miño e Sil, que se atopan no corazón da rexión, moldean a paisaxe, escavando bastos canóns e vertixinosos vales. Os espesos bosques verdes enmarcan estes ríos e esconden mosteiros medievais, cuxa presencia outorga ó lugar unha especie de espiritualidade calada”. “O viño e a súa exportación máis famosa. As ladeiras do val están cheas de cepas sitas en terrazas centenarias. Visitar a Ribeira Sacra é visitar unha España diferente, unha zona máis tranquila e verde, un mundo illado das abarrotadas praias do Mediterráneo”.
O artigo continúa cun breve resumo dos mosteiros, os canons do Sil e os viñedos. A súa retaíla continúa amosando a comida típica da zona onde resaltan a o polbo á feira e carne de tenreira que se fai en Monforte e o caldo de ósos de Taboada.
Un moi breve resumo dos privilexios que gozan diariamente os veciños de Terras de Lemos onde se exalta a ampla variedade turística, o contraste de paisaxes e a riqueza patrimonial e cultural existente.