HomeComarca de QuirogaO incendio de Quiroga continúa activo e con case 150 hectáreas calcinadas

O incendio de Quiroga continúa activo e con case 150 hectáreas calcinadas

Estivo moi preto de Montefurado.

Publicado o

- Advertisement -

O incendio declarado na tarde do mércores no municipio lucense de Quiroga continúa activo e afecta xa a unha superficie dunhas 140 hectáreas. Segundo a Consellería do Medio Rural a evolución é “favorable”.

En concreto, as chamas iniciáronse ás 17,32 horas do mércores na parroquia de Montefurado. Nos traballos de control participaron un técnico, cinco axentes, 33 brigadas, 18 motobombas, unha pa, 10 helicópteros e tres avións.

Precisamente, o departamento autonómico destacou que, nestes momentos, xa traballan na zona medios aéreos, que prestan apoio aos efectivos de terra.

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...