Homesociedade55.400€ para acondicionar o Camiño de Inverno nos Novais, Quiroga

55.400€ para acondicionar o Camiño de Inverno nos Novais, Quiroga

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda dará comezo proximamente ás obras de acondicionamento do Camiño de Inverno ao seu paso polo núcleo dos Novais, no municipio de Quiroga, ás que destina 55.400 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou o lugar xunto co alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e destacou que esta actuación enmárcase no plan Hurbe, que ten por obxectivo “a posta en valor das vilas e dos núcleos rurais contribuíndo a crear as condicións propicias para o seu desenvolvemento sostible”. Neste caso, o treito do Camiño que se reforma coincide coa rúa principal dos Novais, sumando aproximadamente 300 metros de lonxitude entre o inicio e a fin da delimitación do núcleo rural.

A intervención consistirá na mellora e embelecemento da vía, cambiando o actual pavimento de formigón por outro de formigón tratado con acabado de árido visto, que utilizará materiais de proximidade para harmonizar coas tonalidades e texturas da pedra do lugar. Na selección dos materiais tivéronse en conta tamén cuestións como a súa idoneidade para a circulación de vehículos e boa resistencia e durabilidade.

O prazo previsto de execución é de dous meses, e os traballos incluirán a vertedura do formigón in situ sobre unha superficie encofrada e o acabado texturizado que elimina a capa superior de cemento, deixando á vista os áridos.  Non terá pezas nin elementos soltos, senón que será compacto, duro, estable e antideslizante en seco e en mollado.

O delegado explicou que esta actuación se desenvolve en virtude dun convenio asinado entre a Xunta e o concello de Quiroga, polo que a Administración local encargou o proxecto e a Consellería contrata e financia nun 70% a execución e a dirección das obras.

ÚLTIMAS

Graduación de 2º de Bacharelato do IES A Pinguela

O IES A Pinguela celebrou un animado acto de graduación no que 53 alumnos...

Ferran Centelles: “Delicadeza é o que falta historicamente en España e a Ribeira Sacra ten o potencial de ofrecer eses viños”

Esta cata forma parte dos esforzos da Denominación de Orixe Ribeira Sacra para destacar...

O IES A Pinguela, único instituto de Galicia con FP de calzado e complementos de moda

Do encontro participou o profesorado do IES A Pinguela con empresarios monfortinos do sector...

O 30 de xuño o colexio de Sober celebra o 50 aniversario cun xantar de confraternidade

Ao longo deste medio século de vida teñen pasado polo centro máis de 1.270...