HomePolíticaLáncara e Sober, os primeiros concellos de Galicia en ter corporación municipal

Láncara e Sober, os primeiros concellos de Galicia en ter corporación municipal

As dúas localidades celebrarán o pleno de constitución durante a medianoite do venres ao sábado.

Publicado o

- Advertisement -

A localidade lucense de Láncara decidiu sumarse a Sober e celebrar o pleno de constitución durante a medianoite deste venres ao sábado, en concreto, ás 00,01 horas.

Sober, con 2.300 habitantes, será o primeiro de España en celebrar a sesión, xusto ás 00,00, na que tomará posesión como alcalde o candidato do PP Luís Fernández Guitián. E un minuto despois, ás 00,01, está previsto que se inicie o pleno de Láncara, localidade con 2.764 veciños, e na que será investido como alcalde o socialista Darío Piñeiro. A corporación conta con 6 concelleiros do PSOE, 4 do PP e un do BNG.

A decisión de celebrar o pleno durante a medianoite, explicou Darío Piñeiro a Europa Press, foi adoptada o mércores, na última sesión plenaria da lexislatura. “Entre os concelleiros que estabamos alí, os do PSOE, algúns do PP e un de Compromiso por Galicia expómolo e acordámolo por ampla maioría”.

En canto aos motivos, explica que “a xente está con ganas de traballar”e de “empezar xa no minuto 1”. Aínda así, tamén, do mesmo xeito que no caso de Sober, hai certo interese en que se fale do municipio. “Tamén queremos dicir que existe Láncara e estamos aquí, os concellos pequenos temos poucas formas de que se nos coñeza”.

SOBER, O PRIMEIRO DE ESPAÑA

Pero antes de Láncara, iniciarase o pleno de constitución do concello de Sober, ás 00,00 horas do 15 de xuño, na medianoite do venres ao sábado. O candidato do PP Luís Fernández Guitián será alcaldetras tres maiorías absolutas consecutivas. Defende a decisión de realizar o pleno xusto á medianoite como un feito que fai que se fale de Sober.

O concello de Sober retransmitirá en directo a primeira sesión plenaria e a toma de posesión da Corporación a través da súa conta oficial de Facebook e ofrecerá información a través de Twitter e Instragram.

ÚLTIMAS

A Pobra do Brollón apura o concurso de petiscos mentres espera unha gran xornada de Cantos de Taberna

A Pobra do Brollón espera vivir este sábado 6 de decembro outra das súas...

Un incendio corta a circulación ferroviaria entre Monforte e León

A circulación ferroviaria atópase interrompida entre Folgoso e La Granja  por unha avaría derivada...

Tres menores investigados en Sarria por furtos en dous comercios

A Garda Civil investiga na localidade lucense de Sarria a tres menores de idade...

Así se presenta a programación deste Nadal en Monforte

A Tenente de Alcalde do Concello de Monforte, Gloria Prada, e a Concelleira de...