HomesociedadeO PP de Láncara condena a actitude do rexedor, denunciado por acoso

O PP de Láncara condena a actitude do rexedor, denunciado por acoso

Esíxelle responsabilidades trala denuncia interposta por unha traballadora do SAF.

Publicado o

- Advertisement -

O PP de Láncara condenou a actitude do rexedor Darío Piñeiro, denunciado por acoso por parte dunha traballadora do Servizo de Axuda non Fogar (SAF), e esixiulle “responsabilidades “por ser un comportamento que non é apropiado para o máximo representante da veciñanza”.

Aseguran ademais nun comunicado que o seu comportamento “causa un prexuízo tanto ao Concello como aos propios veciños”. Os populares consideran ademais que o alcalde se “extralimitou” nas súas funcións, xa que non é a súa competencia investigar e denunciar a traballadores dunha empresa privada.

Pregúntanse, así mesmo, se Piñeiro actuaría igual se “en lugar dunha muller fose un home” do que tivese coñecemento de que traballa estando de baixa laboral.

ÚLTIMAS

Proxéctase a mellora urxente do Estado Municipal da Ribela

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse co alcalde de Sarria,...

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...