O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo defendeu este mércores a actuación na residencia do Incio, intervida pola Administración galega, na que se acometeu “un reforzo” das visitas sanitarias e na que, segundo dixo, o propio centro “aumentou tamén o persoal” sanitario.
Así o trasladou despois de transcender que se rexistrou un incremento significativo dos contaxios computados, que superan o centenar.
Tras a reunión do comité clínico, o presidente apuntou que se trata dun brote “numeroso desde o punto de vista dos usuarios afectados”, pero matizou que “a maioría non revisten unha preocupación asistencial máxima”.
“Aínda que si temos algún que preocupa non por dar positivo senón polas súas patoloxías e a súa idade”, recoñeceu Feijóo.