HomePolíticaA exalcaldesa de Sarria xustifica o abandono da executiva do PSdeG pola...

A exalcaldesa de Sarria xustifica o abandono da executiva do PSdeG pola “xente que rodea” a Gonzalo Caballero

Pilar López segue como concelleira do PSOE e xa avanza que non repetirá nas eleccións municipais de 2023, deixando caer que "non" quere "saber máis" de política.

Publicado o

- Advertisement -

A exalcaldesa de Sarria e concelleira na actualidade na corporación sarriá, Pilar López, explicou este xoves que abandonou a dirección do PSdeG por persoas como o responsable de Organización, quen protagonizou un artigo de opinión que desatou unha vaga de críticas públicas a uns meses do congreso autonómico.

Así, o pasado 15 de xullo remitiu unha carta ao secretario xeral, Gonzalo Caballero, “ao único que debe explicacións”, xustificando a súa saída “pola xente que ten a redor del, que á vista dos acontecementos desta semana quedou claro quen son”.

Nese artigo en ‘El Progreso’, José Antonio Quiroga arremete contra o exsecretario xeral e expresidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e contra o alcalde das Pontes e presidente provincial da Coruña, Valentín González Formoso.

“Como pon nesa carta, se deixo a executiva nacional non é por culpa de Gonzalo (Caballero), senón por culpa de xente que ten ao redor, que en vista dos acontecementos desta semana quedou claro quen son”, subliñou.

EXPLICACIÓN

“Como noutras ocasións –explica na carta–, o problema que tivo é a xente que se xuntou a el e este señor que se dedicou esta semana a botar cobras pola súa boca sobre Besteiro ou Formoso, que me parece que xa non debería de estar“, apuntou.

Pilar López volveu a desculpar que se se vai “é por xente do partido como esa persoa (en ningún momento se refire a el polo seu nome)”. “Que a min non me quixo e con temas que pasaron no Concello de Sarria coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil (que preside Quiroga) e que cada vez estaba máis claro que o molestaba“, agregou.

“Eu presentei a carta de dimisión pero non por Gonzalo senón por este tipo de xente que ten á súa ao redor e de aí os problemas de Caballero”, incidiu.

A exalcaldesa de Sarria lembrou que leva “moito tempo advertindo a Gonzalo (Caballero) deste personaxe”. “Paréceme que este señor leva xogando a dúas bandas desde hai moito tempo e agora unha desas bandas xa se lle acabou. O que se ve é que se lle acaba o tempo, o que non pode ser é manter este show no partido e ten que respectar a todos os seus compañeiros. Se el ten problemas que os solvente con quen os teña”.

QUE SE MARCHE

López recomendou que “se de verdade” Quiroga “quere a Gonzalo Caballero, isto prexudícao máis que axudalo”. “Se este señor ten dous dedos de fronte, ten que marchar, non xa que o expulsen, que se vaia el se ten decencia“, advertiu.

A exalcaldesa de Sarria que segue como concelleira do PSOE xa avanza que non repetirá nas eleccións municipais de 2023, deixando caer que “non” quere “saber máis” de política.

ÚLTIMAS

Pazo de La Cuesta en San Clodio, a adega familiar máis antiga de Galicia e das máis antigas de España

O acto, que tivo lugar na sede do IEGPS (San Roque, 2, Santiago de...

Ribeira Sacra ao 65% de ocupación nesta Ponte das Letras Galegas

A ocupación é moi semellante a esta ponte en anos anteriores. Como apuntan desde...

A Fundación San Rosendo adxudica as obras da residencia da terceira idade de Pantón

Para a posta en marcha deste servizo a Fundación San Rosendo destina case 1.500.000€....

Trofeo ao equipo alevín do C.B. Val de Lemos como gañador da Liga de 2ª provincial

O equipo monfortino recibiu o trofreo correspondente á Liga de 2ª Provincial de baloncesto,...