HomeComarca de SarriaSarriaSarria dá a coñecer a súa web de turismo

Sarria dá a coñecer a súa web de turismo

"Unha vila medieval, amable e refrescante", ou "Sarria quere ser o teu KM0 no teu Camiño" son algúns dos lemas que incorpora a nova fiestra virtual do concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sarria vén de presentar nas súas redes sociais unha nova páxina web que pretende promover o turismo, trátase de www.sarriaturismo.com

A páxina estrutúrase a partir de cinco pestanas principais que son: Percorre, Visita, Descansa, Saborea e Desfruta. En ‘Percorre’ atópase información relativa ao Camiño Francés, que vai de Sarria a Santiago de compostela, e tamén documentación sobre interesantes roteiros; en ‘Visita’ temos acceso a percorridos polas zonas emblemáticas da vila para coñecer o seu patrimonio artístico, cultural e histórico; en ‘Descansa’ aparecen os lugares naturais e urbanos onde poder relaxarse e descansar; en ‘Saborea’ a protagonista é a gastronomía, podendo coñecer produtos típicos da zona e lugares onde saborealos; e en ‘Desfruta’ alóxase unha axenda de eventos marcados no calendario anual de Sarria.

Parque do Chanto. Foto: Concello de Sarria

Dende o concello informan que levan tempo traballando nela e que aínda non a consideran rematada, co cal piden participación á veciñanza para poder “finalizala entre todos e todas”.

Neste senso, diríxense á poboación “podedes colaborar escribindo un correo electrónico a turismo@sarria.gal facéndonos suxerencias, enviando fotos ou dando conta dos erros que poidades atopar ou de todo aquilo que botedes en falta”.

Lembran tamén que os titulares de establecementos relacionados co turismo que aínda non subiran as fichas á web que contacten para poder completar a información.

“A web está viva e é tarefa de todos mantela ao día”, din dende o Concello de Sarria.

ÚLTIMAS

Concentración o 28 de outubro ás 12:00 diante do Hospital de Monforte

Os nacionalistas demandan que se dote de persoal e medios humanos suficientes o centro...

O BNG de Quiroga anima as redes sociais co concurso “Celebrando a Castelao”

O BNG de Quiroga, continuando coa celebración do 75 cabodano do falecemento de Castelao,...

Esperta Monforte leva a pleno traballar cara unha “cidade 30”

O límite de velocidade de 30Km/h, nas rúas dun carril por sentido de circulación...

Daveiga dá a coñecer o seu ‘modelo de economía social’ ás novas xeracións con visitas escolares

Dende a sociedade explican que se puxo en marcha no curso 2019-2020 como un proxecto piloto....