HomeMovementos sociaisCorrida de touros VS concentración antitouradas

Corrida de touros VS concentración antitouradas

A celebración da corrida de touros deste domingo, 30 de setembro, en Sarria, contou cun forte dispositivo antidisturbios da Sección de Intervención Rápida (SIR) da Garda Civil. Coincidindo coa celebración deste acto, Galicia, mellor sen touradas, tiña convocada unha concentración.

Publicado o

- Advertisement -

A Xunta de Galicia concedía o pasado 28 de setembro a autorización para a celebración da corrida de touros de Sarria. Este era o único escollo que quedaba para poder celebrala, e a única esperanza de en Marea ou a plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas para que non se levase a cabo. Desde a plataforma levan días traballando e organizando manifestacións en contra desta actividade. Depois das convocadas o día 27 coincidindo coa celebración dun pleno para abordar a posición do concello con respecto ás corridas de touros, a seguinte convocatoria era a de hoxe, coincidindo coa corrida.

A hora fixada para o comezo da corrida de touros era as 16.30, para media hora antes Galicia, Mellor Sen Touradas convocaba a súa concentración.

Unha vez que o concello non cedeu terreos municipais, a actividade celebrouse en propiedade particular, na rúa Castelao, nunha praza portátil con capacidade para 1.900 persoas. Asistiron á corrida, varios centos de persoas e á concentración, varias decenas. Para comprobar que o espectáculo estaba dentro da legalidade e para vixiar que non houbera altercados, entre a praza e os manifestantes creouse un forte dispositivo antidisturbios con persoal da Sección de Intervención Rápida (SIR) da Garda Civil, compañeiros do cuartel de Sarria, Policía Local de Sarria e Policía Nacional adscrita á Xunta. Había ademais 2 ambulancias do 061. Galicia, Mellor Sen Touradas recollería no seu Facebook este feito, preguntándose que facía o 061 nun espectáculo privado.

Tortura, nin Arte nin Cultura era o slogan que rezaban as pancartas dos manifestantes que berraban en contra do espectáculo. Finalmente non houbo que lamentar altercados graves, si un par de incidentes “leves” con responsables dunha e doutra banda, froito do acaloramento das dúas posturas.

Convocatoria concentración / Galicia, Mellor Sen Touradas

ÚLTIMAS

A ‘Feira do Viño de Amandi’ xa está aquí

O colofón a un completo programa de actividades do Mes de Amandi no concello...

Preséntase en San Pedro de Bembibre (Taboada) o programa piloto de visitas a igrexas románicas

Desde o 12 de abril ata finais do mes setembro contarase con visitas semanais...

Na última fin de semana de abril celébrase a XII Subida a Taboada

Esta proba automobilística, que se desenvolverá os días 26 e 27 de abril recuperouse...

Courel Vivo leva a pleno solicitar o arranxo das estradas provinciais

Segundo Courel Vivo as estradas do Courel, independentemente da administración da que dependan, contan...