HomeCulturaO Conservatorio Municipal de Monforte abre prazo de matrícula e celebra o...

O Conservatorio Municipal de Monforte abre prazo de matrícula e celebra o fin de curso

O prazo de matrícula para novos inscritos comeza o día 10 de xuño e permanecerá aberto ata o vindeiro día 25. O festival Fin de Curso será o mércores 12.

Publicado o

- Advertisement -

As especialidades que se ofertan para o vindeiro curso 2019/20 no Conservatorio Municipal de Música “Mestre Ibáñez” son as seguintes: piano, guitarra, trompa, violín, clarinete, trompeta, saxofón, percusión, tuba e trombón.

A materia de Pre-conservatorio vai dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 7 anos, a modo de cursos preparatorios para o grao elemental do conservatorio.

Para os nenos e nenas de entre 4 e 5 anos que queiran ter un primeiro contacto coa música, está aberta a inscrición en Música e movemento, materia englobada na oferta da Escola de Música.

Concerto de debutantes 2019 na Casa da Cultura. Foto: Conservatorio Municipal ‘Mestre Ibáñez’

Para consultar calquera información sobre a matrícula é necesario dirixirse á Secretaría do Conservatorio, situada no Edificio Multiusos de Monforte (Ronda de Mª Emilia Casas Baamonde) en horario de 10:00 a 13:00 e 17:00 a 19:00 horas. Outras opcións de contacto son o teléfono 982 403 893 e o correo electrónico conservatorio@concellodemonforte.com

Festival fin de curso do

Conservatorio Municipal

O Festival que clausura o presente curso 2018/19 no Conservatorio Municipal terá lugar o vindeiro mércores día 12 de xuño no Auditorio do centro do Edificio Multiusos as 19:00 horas e correrá a cargo  do alumnado do conservatorio, nas especialidades de violín, piano, guitarra, clarinete, frauta, saxofón, tuba, trombón de varas, trompeta e percusión.

As actuacións realizaranse de forma individual, a dúo, ou en pequenos grupos de cámara. Actuarán tamén os grupos de pre-conservatorio, coro e orquestra do Conservatorio.

No concerto, dirixido a todos os públicos e con entrada de balde, interpretaranse obras de autores clásicos e contemporáneos pero tamén pezas de autores modernos e música do folclore popular.

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...