HomeCulturaA Casa da Cultura monfortina acolle unha exposición fotográfica sobre saúde mental

A Casa da Cultura monfortina acolle unha exposición fotográfica sobre saúde mental

Fotoxénica-Menta poderá visitarse ata o próximo día 19 e está promovida pola Asociación Albores Saúde Mental.

Publicado o

- Advertisement -

O día 3 de xullo inaugurouse a II Exposición Itinerante Fotoxénica-Mente na Casa da Cultura de Monforte. Trátase dunha mostra promovida pola Asociación Albores Saúde Mental, cuxa finalidade é a de promover a saúde integral das persoas con enfermidades mentais.

Poderá visitarse ata o próximo venres 19 de xullo e recolle as mellores fotografías do segundo certame de fotografía Fotoxénica-Mente, celebrado no 2018. As instantáneas están acompañadas de notas informativas sobre diversos aspectos da saúde mental.

Lembrámosvos que Albores Saúde Mental ten a finalidade de promover a saúde integral das persoas con enfermidades mentáis, así como mellorar a súa calidade de vida, a das súas familias e a da súa comunidade de pertenza.

Esta exposición forma parte das accións de sensibilización que Albores ten planificadas para o ano 2019. Fotoxénica-Menta xa recorreu nas pasadas semanas diversos centros de educación primaria e secundaria, aproveitando que o pasado Día Mundial da Saúde Mental estivo adicado á xente nova. Durante o verán a mostra moverase a distintos sitios públicos, debido ao peche dos colexios por vacacións.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...