InicioCulturaCine para coidar a terra no cinema Palleiriso

Cine para coidar a terra no cinema Palleiriso

O Cineclube Os Papeiros e a Federación de Cineclubes de Galicia, organizan no cinema Palleiriso de Chantada o II encontro "Cine para coidar a terra"

Publicado o

A cita será este sábado 7 de setembro. Comezarase ás 11.00 coa recepción con bio-almorzo, posteriormente presentarase a xornada, para ás 11.45 proxectar o traballo audiovisual do “Cine para coidar a terra 2.018”; “Marcos” de Manuel Valcarcel. Ás 12.00 proxectaranse traballos ambientais e de patrimonio realizados por Canle Ribeira Sacra.
O xantar campestre terá lugar ás 14.00, para ás 15.00 celebrar un café debate sobre o cinema como plataforma de acción ambientalista, con membros das plataformas de loita contra a contaminación (Touro, Teo…). A cita con Musicleta co Señor Lili e Pulpiño Viascon será ás 16.00 e unha hora depois será a proxección de “Estruturas, pel contra pel” de Paco Gallego e Xosé Bocixa, seguida de debate.
A programación complétase co roteiro ambientalista e de gravación audiovisual ate o Carballo Grande de Pousada (500 anos). Un percorrido de 2 quilómetros ida e volta que comezarás ás 18.30, para rematar ás 20.00 coa proxección de “Miñoca” de Iago de Santa e o estreno da curtametraxe rodada en Belesar “A pescadora” de Edu Lavandeira.
Ademais das citas co cine contarase con actividades infantís, como o Obradoiro de stop-motion con material de refugallo, recortes… a cargo de Belén Veleiro, o taller de Banda sonora forestal con elementos da natureza, proxeccións en super-8 de documentais de animación de Félix Rodriguez de la Fuente, que se desenvolverán no hórreo e proxeccións coa Cinecleta

ÚLTIMAS

Mes dos Libros e das Letras Galegas na Biblioteca Municipal de Chantada

A primeira proposta será o 26 de abril ás 18:00h con Conta e canta...

O PP urxe a mellorar a ponte da estrada provincial LU-P-1305 en Folgoso do Courel porque “está caendo sobre o río”

O Grupo Provincial Popular esixe que a Deputación de Lugo coloque sinais de advertencia...

A historiadora Manuela Sáez doa ó Concello de Monforte unha réplica do busto do VII Conde de Lemos

A réplica deste busto foi doada por Sáez ó Concello de Monforte, e foi...

A Libraría Pelayo de Monforte presenta 3 libros este 23 de abril

A Libraría Pelayo de Monforte acolle este martes, 23 de abril, a presentación de...