HomeCulturaOs rapaces do Incio presumen de concello

Os rapaces do Incio presumen de concello

Preto de 25 rapaces e rapazas do Concello do Incio realizaron un documental sobre o seu concello, Documental do noso, co que colabora o concello na difusión.

Publicado o

- Advertisement -

Este traballo documental realizado e protagonizado polos cativos estivo dirixido polo mestre, Jesús Somoza Fernández. No documental os rapaces amosan o orgullosos que están do lugar no que viven e reivindican o seu futuro.

O 90% dos nenos e nenas que formaron parte do documental están escolarizados no Incio e os demais pasan as súas vacacións no Concello, chegados desde Cataluña ou Madrid, entre outros puntos da xeografía española.

Os propios rapaces describen no vídeo un Concello “que valoran e queren, con naturalidade e liberdade” e fano ademais como un modo de reflexionar e facer reflexionar a quen o vexa.

Os cativos explican o motivo polo que viven no rural e os seus puntos fortes, entre os que destacan, a cultura, as tradicións, as labores cotiás, as festas, a tranquilidade ou ter sempre moitas cousas que facer. Tamén reflexionan sobre o futuro e sobre a necesidade de frear o despoboamento para o que propoñen medidas concretas.

O alcalde do Incio, Héctor Corujo, califica a experiencia como moi positiva para os nenos que se amosaron implicados e motivados para dar a coñecer o rural e as súas potencialidades.

O vídeo pódese ver aquí.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...