HomeCulturaLemos Le organiza actividades para reivindicar o papel das bibliotecas

Lemos Le organiza actividades para reivindicar o papel das bibliotecas

O Colectivo Lemos Le organiza por sétimo ano unha cea de confraternidade para todos os sectores relacionados coa cultura, a lectura e a educación. O acto para celebrar o 24 de outubro Día da Biblioteca, terá lugar no Concello de Pantón xa que a homenaxeada deste ano é natural deste concello.

Publicado o

- Advertisement -

O Colectivo Lemos Le reivindica con esta celebración a importancia do papel das Bibliotecas como difusoras de cultura, formadoras de lectores, lugar de encontro e centros de información e recursos. A cea celebrarase o día 26 de outubro na Reitoral de Castillón (Ferreira de Pantón) a partir das 21:30 h.  Para asistir poden recoller as entradas nas Bibliotecas Públicas Municipais de A Pobra de Brollón, Bóveda, Saviñao, Sober; nas bibliotecas escolares do Colectivo ou no propio restaurante ata o día 18 de outubro incluído a un prezo de 22 €. A cea contará coa actuación da cantante de fados e mornas Eugenia Sanmartín.

Durante esta cea tamén se fará entrega dos premios do VI Certame de Divulgación Mulleres de Lemos: Inés Fernández, abadesa de Eiré. Unha muller para o 8 de marzo. As persoas que o desexen poderán participar nunha visita guiada á Igrexa de San Miguel de Eiré o mesmo día, ás 19:00 horas.

Este ano contarase coa colaboración literaria de Flora Enríquez que ofrecerá un texto para conmemorar o Día das Bibliotecas. A súa colaboración súmase á de outros autores da comarca de Lemos que participaron en pasadas edicións: Olga Novo, Manuel Veiga, Lois Diéguez, Ramón Sandoval, Xabier Quiroga e Alicia Fernández.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...