HomeCulturaExposición Paz+Paciencia=Conciencia no MUFERGA

Exposición Paz+Paciencia=Conciencia no MUFERGA

A sala de exposicións da Fundación Museo do Ferrocarril de Galicia (MUFERGA), con sede en Monforte, acolle a exposición Paz+Paciencia= Conciencia, do artista plástico Joaquín Balsa.

Publicado o

- Advertisement -

A exposición recolle a obra multidisciplinar de pintura e escultura de Balsa, pintor plástico en activo con exposicións nos 5 continentes. Tras expoñer a súa obra en mostras colectivas de punta a punta do mapa, dende China a  Francia, Corea do Sur ou Estados Unidos, o artista plástico Joaquín Balsa ven de abrir no MUFERGA unha mostra de 12 pezas entre pinturas e esculturas.

A do Museo do Ferrocarril é unha exposición simultánea coa do Museo Municipal de Espinho, en Portugal. É a primeira vez que o artista leva a cabo unha simultánea entre Galicia e Portugal.

Para el é moi importante causar ao observador sensacións como o equilibrio, paz e emoción. Balsa ten unha gran traxectoria nacional e internacional e a súa última exposición foi entre Busan e Seúl.

Joaquín Balsa trata de sentirse cómodo cos materiais e traballa a chapa galvanizada e o papel. A súa maior satisfacción é seguir vivindo intensa e apaixonadamente para seguir creando a todos os niveis: “Crear é unha gran paixón que transforma en beleza o que outros perciben como utilidade”.

Exposición Joaquín Balsa no MUFERGA / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

O BNG esixe actuacións urxentes para protexer a bacía do arrastre de cinzas dos incendios deste verán

A organización nacionalista reclama coordinación entre administracións para protexer a bacía e sinala que...

O PP lucense esíxelle ao Goberno de Sánchez “a rehabilitación integral da N-120 na provincia”

O PP esixe, unha vez máis, ao Goberno de Sánchez “actuar con urxencia” nos...

Chantada mellora a Fonte da Ponte

Co obxectivo de seguir mellorando esta infraestrutura o Concello de Chantada está xestionando coa...

Obradoiro de igualdade e prevención da violencia de xénero no CPI Poeta Uxío Novoneyra

A subdelegada do Goberno en Lugo, Olimpia López, visitou este 11 de novembro o...