HomeCulturaExposición Paz+Paciencia=Conciencia no MUFERGA

Exposición Paz+Paciencia=Conciencia no MUFERGA

A sala de exposicións da Fundación Museo do Ferrocarril de Galicia (MUFERGA), con sede en Monforte, acolle a exposición Paz+Paciencia= Conciencia, do artista plástico Joaquín Balsa.

Publicado o

- Advertisement -

A exposición recolle a obra multidisciplinar de pintura e escultura de Balsa, pintor plástico en activo con exposicións nos 5 continentes. Tras expoñer a súa obra en mostras colectivas de punta a punta do mapa, dende China a  Francia, Corea do Sur ou Estados Unidos, o artista plástico Joaquín Balsa ven de abrir no MUFERGA unha mostra de 12 pezas entre pinturas e esculturas.

A do Museo do Ferrocarril é unha exposición simultánea coa do Museo Municipal de Espinho, en Portugal. É a primeira vez que o artista leva a cabo unha simultánea entre Galicia e Portugal.

Para el é moi importante causar ao observador sensacións como o equilibrio, paz e emoción. Balsa ten unha gran traxectoria nacional e internacional e a súa última exposición foi entre Busan e Seúl.

Joaquín Balsa trata de sentirse cómodo cos materiais e traballa a chapa galvanizada e o papel. A súa maior satisfacción é seguir vivindo intensa e apaixonadamente para seguir creando a todos os niveis: “Crear é unha gran paixón que transforma en beleza o que outros perciben como utilidade”.

Exposición Joaquín Balsa no MUFERGA / Concello de Monforte

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...